
A. Buendía | vigoalminuto
Vigo recupera este domingo a actividade do Programa Cultural Conexións despois do parón do verán, cunha dobre proposta musical e gratuíta en dous puntos da cidade. Ás 12.30 horas, se as condicións meteorolóxicas o permiten, a música soará simultaneamente na igrexa románica de Coruxo e na praza da Pedra.
En Coruxo, o programa aposta pola música medieval cun concerto de Alba Feijoo, Ernesto Campos e Marcos Campos. A proposta, incorporada nesta edición como unha das novidades de Conexións, busca poñer en relación a música coa contorna patrimonial na que se interpreta.
A igrexa románica de Coruxo convértese así en algo máis que nun escenario: o espazo forma parte da propia proposta, ao situar a música medieval nun edificio ligado á historia da cidade.
Na praza da Pedra, a programación cambiará de rexistro coa actuación de SICIXIA, banda de jazz que achegará unha proposta contemporánea e de personalidade propia.
As dúas citas forman parte dun programa que pretende levar a actividade cultural a espazos diferentes da cidade e achegar as artes escénicas e a música á vida cotiá. Conexións naceu en 2023 e nesta edición reúne máis de 30 actuacións en arredor dunha vintena de localizacións.
A programación combina así escenarios patrimoniais e espazos urbanos e unha variedade de estilos que vai desde a música medieval ata propostas contemporáneas. Todas as actividades previstas para este domingo son de acceso gratuíto.
OuTraS NoVaS
- Caballero acusa a PP y BNG de «castigar» a Vigo por rechazar el túnel de la A-52, mientras ambos piden otro trazado
- Este domingo, ‘Conexións’ está de volta con dous concertos gratuítos en Coruxo e na praza da Pedra
- De Navia a A Ramallosa en bici: la nueva ruta de 14 kilómetros que unirá Vigo y Nigrán
- 28 persoas mortas e máis de 2.200 persoas feridas en accidentes de tráfico este verán en Galicia
- Muere en Vigo José Costas Peón, Peón Kurtz, fundador de Def Con Dos





