
Redacción | vigoalminuto
Un home faleceu este xoves pola mañá tras ser atropelado na VG-1.4, ao seu paso pola parroquia de Toba, en Cee. O accidente produciuse arredor do quilómetro 4 desta vía.
O 112 Galicia recibiu o aviso ás 07:45 horas, a través dun particular que alertaba de que unha persoa permanecía tendida na estrada tras ser atropelada e precisaba asistencia sanitaria urxente.
O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias mobilizou os medios necesarios e informou do accidente ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Cee, á Garda Civil de Tráfico e aos efectivos de Protección Civil.
Os servizos sanitarios desprazados ata o punto do accidente só puideron confirmar o falecemento do home.
As circunstancias nas que se produciu o atropelo están pendentes de esclarecer.
OuTrAS NoVaS
- El Concello prepara filtros de tráfico y posibles cortes por Navidad: estas son las zonas afectadas
- ¿Por qué la inteligencia artificial está transformando la búsqueda local en línea?
- Los personajes de Disney+ toman este sábado las calles de Vigo en un desfile gigante
- Detenido en Vigo por robar un móvil de 1.200 euros durante una cita concertada por internet
- La Panificadora, los peajes de la AP-9 , los agravios a la ciudad y la subida de los sueldos





