
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, e a deputada de Benestar Social, Paula Bouzós, visitaron este luns as instalacións da Fundación ECCA Social en Vigo para coñecer de primeira man o desenvolvemento do programa ‘Acompañámoste’, unha iniciativa destinada a mellorar a empregabilidade e favorecer a inserción sociolaboral de persoas en situación ou risco de exclusión social.
Durante a visita, ambas representantes provinciais mantiveron un encontro co equipo técnico da entidade para analizar a evolución dun proxecto que combina formación ocupacional, orientación laboral e acompañamento individualizado co obxectivo de facilitar o acceso ao mercado de traballo e promover a autonomía persoal e económica das persoas participantes.
Persoas en situación de dificultade de integración laboral
O programa ‘Acompañámoste’ conta cun financiamento de 15.000 euros por parte da Deputación e está dirixido a persoas migrantes, vítimas de violencia de xénero, desempregados de longa duración, maiores de 45 anos, persoas con diversidade funcional e persoas con responsabilidades familiares non compartidas, entre outros colectivos especialmente vulnerables.
Ao longo dos próximos meses, os participantes recibirán formación específica en atención sociosanitaria a persoas en situación de dependencia e discapacidade en institucións sociais, un ámbito profesional que actualmente presenta unha elevada demanda de traballadores cualificados.
Ademais da formación técnica, o proxecto inclúe orientación laboral individualizada, deseño de itinerarios personalizados de emprego, apoio na procura activa de traballo e accións de intermediación co tecido empresarial para favorecer a incorporación ao mercado laboral.
OUTRAS NOVAS
- Stellantis Vigo para la producción del Peugeot 2008 durante cuatro días por falta de componentes
- Unha inventora e unha máquina de fabricar soños chegan a Teis
- La Diputación transfiere al Concello 1,4 millones y liquida los pagos de Clara Campoamor y Nelson Mandela
- El Gobierno pide a la Fiscalía investigar a TikTok y estudia paralizar sus servicios en España
- Una avería de un camión góndola obliga a cortar un carril de la PO-542





