O Porriño prepárase para vivir unha das campañas comerciais máis esperadas do ano coa chegada dos «Días Tolos», unha iniciativa que encherá os establecementos de descontos, premios e sorpresas, este venres e sábado, 19 e 20 de xuño.
A campaña está impulsada pola Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño (ACIPOR) e o Centro Comercial Aberto MOREA, en colaboración co Concello do Porriño e a Xunta de Galicia, co obxectivo de dinamizar o comercio local e premiar a fidelidade da clientela.
Durante estas dúas xornadas, os establecementos adheridos ofrecerán descontos directos do 5%, 10% e ata o 20% nunha ampla variedade de produtos. Ademais, por cada compra realizada, os clientes poderán solicitar o seu «sobre sorpresa», que incluirá agasallos e rebaixas directas para desfrutar no mesmo momento.
Sorteo de entradas para o Festival Petra Rosa
A campaña tamén premiará a participación da clientela a través de internet. Todas as persoas que realicen unha compra mínima de cinco euros poderán rexistrar o seu tícket na páxina web oficial de MOREA e entrar automaticamente no sorteo de dúas entradas dobres para o Festival Petra Rosa.
O evento musical, un dos máis destacados do verán, contará coas actuacións de Antonio Orozco, Pablo López e Sergio Dalma, entre outros artistas.
O sorteo celebrarase o vindeiro 23 de xuño entre todas as persoas participantes que rexistren correctamente a súa compra.
Apoio ao comercio de proximidade
Con esta iniciativa, o comercio do Porriño volve unir forzas para poñer en valor a proximidade, a calidade e a atención personalizada dos establecementos locais, convidando tanto á veciñanza como aos visitantes a aproveitar dous días cheos de oportunidades, descontos e premios.
A organización agarda que a campaña contribúa a impulsar as vendas e a reforzar o papel do comercio local como motor económico e social do municipio.
OUTRAS NOVAS
- Caso Saltamontes: Sánchez vuelve a pedir la dimisión de la concejala tras el auto que mantiene su imputación
- Langosta, marisco y conciertos: A Guarda presenta el programa completo de su gran fiesta gastronómica del verano
- La Policía Nacional detiene a dos hombres por robos en el interior de vehículos
- Volven os «Días Tolos» ao Porriño: descontos de ata o 20% e entradas para ver a Antonio Orozco, Pablo López e Sergio Dalma
- Un muerto en una operación antidroga en O Salnés, tras un tiroteo en Cambados






