
O programa cultural Conexións, impulsado pola Fundación Mayeusis coa colaboración do Concello de Vigo, continúa coa súa aposta por achegar a cultura á cidadanía levando a música e as artes escénicas a espazos abertos da cidade. A iniciativa, posta en marcha en 2023, busca facer accesible a arte no día a día e sacar as propostas culturais dos escenarios tradicionais para achegalas ás rúas e prazas viguesas.
Escoita
A programación desta nova edición arrancar este xoves, 21 de maio, ás 12:00 horas no exterior do mercado de Teis, onde a música clásica será a protagonista. O violonchelista Luis Caballero, o pianista Samuel Serrano e o frautista Yago Vázquez Pateiro ofrecerán un concerto ao aire libre cun repertorio que incluirá pezas de compositores recoñecidos como Morricone, Bach e Mozart.
Conexións incorpora ademais nesta edición novas propostas pensadas para ampliar públicos e chegar a diferentes perfís de espectadores. Entre as novidades destaca a presenza das artes escénicas con actividades orientadas incluso ao público máis novo, incluíndo bebés, así como a introdución de novos estilos musicais como a música medieval.
A organización explica que esta aposta permitirá establecer conexións entre a música e o patrimonio da cidade, creando un diálogo entre o son e elementos arquitectónicos vinculados ao legado románico de Vigo.
Praza da Pedra e Paseo de Alfonso
A programación continuará o venres 22 con dúas novas citas. Ás 12:00 horas, a Praza da Pedra acollerá o espectáculo escénico OENI, mentres que ás 19:30 horas será a quenda do Grupo Conexións Dixie, que actuará no Paseo de Alfonso.
Desde a organización animan á cidadanía a participar e desfrutar destas actividades gratuítas ao aire libre, co obxectivo de incorporar propostas culturais de calidade á vida cotiá da cidade.
Outras novas
- “Isto non é un acto político”: Vigo recibe unha obra que se burla do fascismo para falar do seu avance
- Rescate al límite en alta mar: el Pesca 1 salva de madrugada a un marinero herido grave con olas de 4 metros
- La lluvia no ha sido suficiente: Eiras y Zamáns encaran octubre bajo mínimos
- El Concello acepta la cesión de la antigua Estación de Autobuses y exige a la Xunta conocer el estado real del edificio
- Valladares abre o Circuíto Galego de Teatro Amador con catro obras entre outubro e novembro





