O BNG de Vigo acusou este martes ao alcalde, Abel Caballero, de ocultar o custo do desfile militar en Vigo previsto para o vindeiro 30 de maio, ao tempo que criticou o peche do complexo deportivo das Travesas para uso militar durante máis dun mes.
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal nacionalista, asegurou que o Bloque non tivo acceso a ningún expediente municipal relacionado co desfile das Forzas Armadas en Vigo, malia que xa rematou o prazo legal para facilitar esa documentación.
Desde o BNG Vigo tamén censuraron que o Goberno local rexeitase incluír por urxencia, na comisión de deportes, a solicitude de comparecencia do concelleiro Manel Fernández para explicar as consecuencias do peche das instalacións deportivas.
Segundo denunciou Igrexas, Fernández estivo “casualmente ausente” da sesión, a pesar de ser o presidente do organismo municipal.
O portavoz nacionalista cualificou esta situación como “unha tomadura de pelo” para os veciños e para os clubs que empregan habitualmente o complexo deportivo.
As instalacións deportivas das Travesas pechadas do 27 de abril ao 7 de xuño
Ademais, advertiu de que As Travesas en Vigo permanecerán pechadas desde o 27 de abril ata o 7 de xuño, período no que as instalacións serán utilizadas como campamento militar vinculado ao desfile.
Este peche afectará directamente a adestramentos, competicións e actividades de numerosas entidades deportivas da cidade, que terán que buscar alternativas durante esas semanas.
A polémica polo desfile militar en Vigo continúa medrando mentres a oposición reclama transparencia sobre o gasto público e sobre o impacto real deste evento nas instalacións municipais.
Outras novas
- Ryanair abre la puerta a volver a Vigo si bajan las tasas: el PP exige a Caballero que lo reclame a Aena
- Vigo prepara una ordenanza contra la prostitución que actuará contra la explotación sexual y la demanda
- La Praza do Rei será irreconocible: así desaparecerá la actual plaza del Concello
- O BNG acusa a Caballero de converter o Concello nunha «estafa piramidal» tras executar só o 27% do orzamento
- O IES Alexandre Bóveda perderá profesorado o próximo curso: alerta de menos apoios e atención ao alumnado





