O Bloque Nacionalista Galego (BNG) chamou ao rexeitamento social do desfile das Forzas Armadas españolas previsto en Vigo o próximo 30 de maio, ao consideralo un “acto de exaltación militarista e españolista”.
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do Bloque, reiterou a súa oposición ao desfile, cualificándoo como “incompatible coa defensa da paz” e un “dispendio inxustificábel” de recursos públicos, especialmente tras coñecerse que o Ministerio de Defensa investirá preto de 400.000 euros na instalación das bancadas do evento.
En contra da presenza da monarquía, «un residuo antidemocrático, corrupto e anacrónico»
Igrexas tamén criticou a presenza da monarquía española no acto, describíndoa como un “residuo antidemocrático, corrupto e anacrónico”, e sinalou que este tipo de desfiles interpretanse como un “acto de propaganda para xustificar unha carreira armamentística” na que, segundo a súa análise, tamén participa o Goberno de Pedro Sánchez, beneficiando únicamente aos intereses do imperialismo e da industria da guerra.
Vigo unha cidade «fondamente comprometida coa paz»
O BNG subliñou que a paz non se promove con exhibicións de armamento e que nunha cidade como Vigo, “fondamente comprometida coa paz”, non deberían celebrarse desfiles militares. O portavoz fixo un chamamento a movementos sociais, asociacións e cidadanía en xeral a expresar o seu rexeitamento ao acto e a reclamar que non se leve a cabo.
Igrexas rematou lembrando que a guerra só beneficia a uns poucos e que as consecuencias recaen sobre a poboación, tanto en forma de mortes e destrución en zonas de conflito como no aumento da carestía e da inseguridade. Engadiu que a paz debe defendese mediante a xustiza social, a cooperación, a solidariedade internacional e o respecto aos dereitos humanos e á soberanía dos pobos.
Outras novas
- A vida nocturna de Cortegada sae á luz: 127 avelaíñas de máis de 40 taxóns nunha noite
- Música, fiestas y gastronomía: así llega el fin de semana a Vigo y las Rías Baixas
- Miles de familias pendientes de las ayudas de comedor, a menos de un mes del inicio de las clases
- Caballero pedirá a Turespaña apoyo promocional a vuelos internacionales desde Peinador… cuando ya estén funcionando
- El Concello gastará 200.000 euros en una estatua de Iago Aspas frente a Balaídos





