O Porriño continúa avanzando na ampliación do seu parque público residencial coa promoción de 36 novas vivendas de promoción pública (VPP) no sector SUR-PPR-5, en Gulpilleira. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, anunciou a licitación da redacción do proxecto e da execución das obras.
A iniciativa chega despois da sinatura, o pasado 6 de febreiro, dun protocolo de colaboración entre a Sociedade de Vivenda Pública de Galicia (VIPUGAL) e o Concello do Porriño para impulsar vivenda protexida de promoción pública na localidade.
Durante a súa intervención, a conselleira subliñou que esta actuación se enmarca na estratexia da Xunta para incrementar o parque público de vivenda nos concellos con maior demanda, co obxectivo de facilitar o acceso a unha vivenda digna, especialmente á mocidade e aos colectivos con máis dificultades.
O municipio que máis medra na Área de Vigo
Pola súa banda, o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, cualificou a vivenda como unha “necesidade urxente e prioritaria” no municipio, un dos que máis medra da contorna.Lorenzo subliñou que o incremento poboacional leva aparellado un aumento significativo da demanda residencial e reiterou o compromiso do Concello de poñer solo municipal ao servizo do interese xeral.
Outras 300
Segundo explicou, esta promoción de 36 vivendas súmase ás 300 previstas no marco dun Proxecto de Interese Autonómico para a construción de vivenda protexida no Porriño, configurando unha intervención de amplo alcance para reforzar de maneira significativa a oferta de vivenda pública.
As novas vivendas estarán destinadas a persoas inscritas no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia e contarán con réxime de protección permanente, de acordo co establecido no protocolo asinado entre as administracións.
Outras novas
- Cae la banda que sembró el miedo en bares del sur de Pontevedra: asaltaban bares de manera extraordinariamente violenta
- Cíes, conciertos y pantallas: el Concello vuelve a culpar a la Xunta
- El Concello de Vigo impide otro evento veraniego, pocas horas antes de su inicio
- A gran afluencia esperada leva O Porriño a cambiar de lugar a pantalla da final España-Arxentina
- Cae en Vigo un grupo acusado de desvalijar viviendas






