O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, informou este venres da aprobación na Xunta de Goberno de novas achegas por valor de 1,8 millóns de euros no marco da liña 3 do Plan +Provincia 2026-2027.
Estes fondos permitirán a creación de 133 postos de traballo temporais en dez concellos da provincia: Crecente, A Estrada, Marín, Ponte Caldelas, O Porriño, Portas, Redondela, Silleda, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa. O obxectivo é reforzar os servizos municipais coa incorporación de persoal de distintos perfís profesionais.
Concellos e dotacións
- Vilagarcía de Arousa recibirá a maior contía, con 294.000 euros para impulsar 33 contratacións, entre elas peóns axudantes de albanel, persoal forestal e de conservación de parques, operarios electricistas e mantedores de instalacións deportivas.
- A Estrada contará con 253.000 euros para 13 contratacións, incluíndo electricistas, albaneis, peóns forestais e persoal para biblioteca e conserxería.
- Redondela disporá de 248.000 euros para 11 empregos, entre eles peóns, axudantes de electricidade e guías turísticos.
- O Porriño recibirá 220.000 euros para 15 contratacións, con perfís como oficiais de carpintería e albanelería, palistas, peóns forestais e persoal administrativo.
- No caso de Vilanova de Arousa, a achega será de 167.000 euros para nove traballadores
- Marín contará con 159.000 euros para 14 empregos vinculados principalmente a obras públicas e servizos municipais.
- Ponte Caldelas disporá de 127.000 euros para 18 contratacións relacionadas co mantemento de xardíns, rede de sumidoiros e conservación de parques
- Silleda recibirá 124.000 euros para sete empregos; Crecente, 97.000 euros para sete traballadores
- Portas, 84.000 euros para seis contratacións en servizos básicos como limpeza e condución
Luis López salientou que estas novas achegas se enmarcan dentro dos 85 millóns de euros cos que está dotado o Plan +Provincia 2026-2027, que definiu como “o plan de obras e servizos de competencia municipal máis ambicioso da historia da Deputación”.
Outras novas
- Cíes, conciertos y pantallas: el Concello vuelve a culpar a la Xunta
- El Concello de Vigo impide otro evento veraniego, pocas horas antes de su inicio
- A gran afluencia esperada leva O Porriño a cambiar de lugar a pantalla da final España-Arxentina
- Cae en Vigo un grupo acusado de desvalijar viviendas
- La Xunta prohíbe el baño en dos playas de Baiona y obliga a izar la bandera roja






