O Porriño recupera esta fin de semana a celebración do Entroido tras o aprazamento das actividades previstas inicialmente para o martes e mércores por mor das condicións meteorolóxicas adversas. A festa trasladase ao sábado 28 de febreiro e ao domingo 1 de marzo, mantendo intacto o programa e a participación.
Sábado: desfile de comparsas
Máis de 2.000 persoas tomarán parte nunha cita que volverá encher as rúas de cor, música e tradición. O sábado, a partir das 17.00 horas, celebrarase o gran desfile de comparsas, acompañado de animación de rúa, charangas e batucadas. O percorrido culminará na Praza Arquitecto Antonio Palacios, onde terá lugar unha actuación musical para pechar a xornada.
Domingo: Enterro da Sardiña
O domingo será a quenda do tradicional Enterro da Sardiña, un dos actos máis emblemáticos do Entroido porriñés. A programación comezará tamén ás 17.00 horas co velorio no Círculo Recreativo Cultural e continuará co acompañamento da sardiña polas rúas da vila, a lectura do testamento e o posterior traslado ao río Louro, mantendo viva unha tradición fondamente arraigada.
Como novidade, este ano proxectaranse imaxes de Cuquin, histórico Rei do Entroido do Porriño, e habilitarase un micro aberto para a lectura do testamento da sardiña, ás 19.00 horas na Praza Arquitecto Antonio Palacios. Tras os actos do enterro, a charanga Louband poñerá o broche musical á celebración.
O alcalde, Alejandro Lorenzo, animou á veciñanza a participar activamente “como sempre se fixo” e asegurou que, malia o cambio de datas, “serán celebracións espectaculares”. O rexedor agradeceu tamén o traballo das comparsas, que levan semanas preparando as súas propostas, e puxo en valor o compromiso colectivo por manter viva unha tradición que forma parte da identidade cultural da vila.
Outras novas
- Tras o Mundial chegan as Olimpíadas… ao Porriño: Porrigalia xa está lista
- El Vigo Arena se construirá en Teis: un recinto para 16.000 personas transformará Guixar
- El nuevo ascensor de Juan Ramón Jiménez abrirá en los próximos días, tras superar las últimas pruebas
- Vigo reconocerá al jugador del Celta Borja Iglesias, el primer gallego campeón del mundo
- Trágico desenlace en el Miño: hallan el cuerpo del joven desaparecido, tras ser arrastrado por la corriente






