O Concello do Porriño informa que, ante a inestabilidade meteorolóxica prevista e ao non estar garantido ao 100% que non se produzan precipitacións, e tendo en conta que son actividades que mobilizan a milleiros de persoas, decídese modificar a programación co obxectivo de garantir que todo o traballo, compromiso e ilusión das comparsas, agrupacións e colectivos participantes poida desenvolverse nas mellores condicións posibles.
«Falamos de meses de preparación, de moitas horas de ensaios, confección de vestiarios, elaboración de carrozas e coordinación musical. Queremos que ese esforzo colectivo poida vivirse plenamente na rúa, coa participación e acompañamento da veciñanza».
Segundo MeteoGalicia, tanto na tarde de hoxe, martes, como na de mañá, mércores, non se poden descartar posibles chuvascos.
A programación queda reorganizada do seguinte xeito
- Toda a programación prevista para o martes 17 trasládase ao sábado 28.
- Toda a programación prevista para o mércores 18 trasládase ao domingo 1.
- O Gran Desfile de Comparsas do sábado comezará ás 18:00 h (media hora antes do horario inicialmente previsto).
As novas datas foron fixadas procurando a mellor coordinación cos desfiles doutros concellos da contorna, co obxectivo de facilitar a participación e manter unha convivencia respectuosa entre todas as celebracións.
«Esta decisión adoptáse con responsabilidade e tras valorar o conxunto da situación, priorizando o benestar das persoas participantes e do público asistente».
Outras novas
- Cambios na programación do Entroido do Porriño
- La humanización de Lepanto, lista en dos meses
- Detenido tras golpear brutalmente a una mujer, al azar, en plena calle
- Abel Caballero reivindica como “decisiva” su presión para traer la alta tensión a Vigo
- Maryland, Pablo Lesuit, Miriam Rodríguez, Carla Lourdes y Fredi Leis se suman al Galicia Fest






