O Concello de Redondela está a executar as obras de ampliación da rede de saneamento en Cabeiro. Concretamente, os traballos estanse a centrar nos camiños do Costal e da Coutada Vella, onde se está a instalar a canalización necesaria para conectar as vivendas á rede municipal.
Os traballos contan cun orzamento de preto de 40.000 euros. Esta actuación responde á prioridade de achegar o saneamento a pequenos núcleos de vivendas que historicamente carecían deste servizo. Segundo explica o concelleiro Roberto Villar, “o obxectivo é garantir que todos os veciños e veciñas de Redondela teñan acceso a uns servizos públicos de calidade, vivan no centro ou nas parroquias, eliminando pozos sépticos e mellorando a salubridade ambiental”.
Proxectos en tramitación
Ademais da obra en marcha en Cabeiro, o Concello traballa noutros puntos críticos do municipio. Actualmente, están en marcha os proxectos de saneamento en
- Camiño da Chousa, en Vilar
- No camiño do Lameiro, no Viso,
- Camiño da Landra, en Cedeira
- e o do Camiño Moucheiro, en Ventosela
Todos eles darán servizo varios grupos de vivendas. “Trátase de lugares pequenos a onde aínda non chega a rede, e traballamos para poñer este servizo básico a disposición da veciñanza”. Villar explica que tamén se está a rematar o proxecto da estrada Aldea de Soutoxuste.
Outra das redes nas que se está a traballar é a do Camiño da Silveira, na Rabadeira. Este é un proxecto máis complexo “xa que precisamos chegar a acordos con particulares para a cesión de fincas e tamén actuar na estrada N-555”. Por outra banda o Concello ten xa redactado o proxecto para executar o saneamento no camiño do Río Maior, que abrangue as parroquias de Trasmañó e Cedeira. Trátase dunha actuación “de maior calado” que está pendente da tramitación de fondos para a súa execución.
Outras novas
- Vigo activa la prealerta por sequía: estas son todas las restricciones por la falta de agua
- La Empresa Municipal de Vivienda genera dudas: Sánchez denuncia que solo promoverá una de cada tres viviendas de Santa Cristina
- Así será el parque infantil más grande de Vigo: abrirá en 2027 y costará casi 3 millones de euros
- Hard GZ, Safri Duo, Amistades Peligrosas y Budiño lideran el cartel del Festival Son e Mar
- Último día de la Feria del Libro de Vigo: horario de actividades, presentaciones y firmas de este martes 7 de julio





