O Concello de Vigo informa da suspensión do espectáculo que dá inicio á programación de
VigoCultura previsto para este venres 30 de xaneiro na Porta do Sol, debido ás previsións meteorolóxicas adversas de choiva e vento.
En canto ao pasarúas de Troula, «O Mundo do Circo», previsto para o sábado 31, estase a facer seguimento das condicións climatolóxicas para tomar unha decisión definitiva que se fará pública durante o día de mañá.
