O CIFP Manuel Antonio, o centro educativo máis grande de Galicia, vive unha situación alarmante desde que en xuño de 2025 comezaron as obras de reparación da cuberta. Segundo denuncia a CIG-Ensino, máis de 2.000 membros da comunidade educativa enfróntanse a filtracións de auga, proliferación de fungos, pingueiras e a presenza de materiais tóxicos, como polibreal, cun efecto potencialmente carcinóxeno e teratoxénico.
Graves deficiencias
Os problemas, subliñan dende a CIG, afectan a múltiples departamentos, incluíndo Sanitarias, Química, Textil e Industrias Alimentarias, e provocan a inutilización de equipos e espazos de talleres e laboratorios. As condicións actuais poden considerse incompatibles coa actividade lectiva, afectando gravemente á saúde de alumnado e profesorado.
A CIG-Ensino advirte da falta de transparencia e resposta da Consellaría de Educación. Os seus responsábeis aseguran que a Administración limitouse a indicar que a avaliación de riscos e a revisión das deficiencias se realizará unha vez rematen as obras, unha medida considerada insuficiente pola organización sindical. Mentres tanto, o persoal do centro preparou un denso informe con imaxes e vídeos que documentan a situación, que presentarán ao Comité de Seguridade e Saúde Laboral da Consellaría.









Desinfección inmediata do edificio
O sindicato reclama intervención inmediata, desinfección adecuada do edificio e adopción de medidas preventivas que eviten máis danos a materiais e equipos. A CIG-Ensino tamén exixe que se depuren responsabilidades pola negligencia na protección da saúde da comunidade educativa, denunciando que a falta de acción da Consellaría expón a docentes e alumnado a riscos evitable.
Outras novas
- Frenazo al parque canino de Barreiro: los vecinos tumban la licitación y exigen cambiar el proyecto
- A Xunta Electoral advirte a Rueda por utilizar unha visita a Vigo para facer propaganda da súa xestión
- Vigo pierde población en verano, pese al turismo: nos vamos de vacaciones fuera de la ciudad
- Detenido tras robar en un bar de A Guarda, mientras disfrutaba de un permiso penitenciario
- Una nueva competidora de la sardina aparece por primera vez en Galicia





