O Porriño acollerá este domingo 28 de decembro unha nova actividade incluída na programación de Nadal coa celebración do Roteiro Moteiro, unha proposta festiva que levará ás rúas da vila motor, cor e ambiente propio destas datas. O evento contará coa participación da Vulcan Riders Association Galicia e converterase nunha das últimas concentracións de motos do ano.
Outras novas
- Vigo activa la prealerta por sequía: estas son todas las restricciones por la falta de agua
- La Empresa Municipal de Vivienda genera dudas: Sánchez denuncia que solo promoverá una de cada tres viviendas de Santa Cristina
- Así será el parque infantil más grande de Vigo: abrirá en 2027 y costará casi 3 millones de euros
- Hard GZ, Safri Duo, Amistades Peligrosas y Budiño lideran el cartel del Festival Son e Mar
- Último día de la Feria del Libro de Vigo: horario de actividades, presentaciones y firmas de este martes 7 de julio
A actividade dará comezo ás 11.00 horas cun percorrido urbano polas principais rúas do Porriño, coincidindo no tempo coa xornada deportiva e social que vivirá o centro da vila. De feito, o Roteiro Moteiro celebrarase unha hora antes do inicio da Carreira de Nadal, completando así unha mañá marcada pola actividade deportiva, lúdica e de lecer.
Os moteiros e moteiras participantes tomarán parte na ruta nun ambiente familiar e distendido, caracterizados como Papá Noel e con elementos decorativos propios do Nadal. Ademais, as motos tamén irán adornadas con motivos destas datas, achegando un atractivo visual adicional ao percorrido pola vila.
Ao remate da ruta, as persoas participantes compartirán un momento de convivencia arredor dun chocolate quente, poñendo o peche a unha cita pensada para fomentar a participación cidadá e o ambiente festivo no Porriño durante as festas do Nadal.





