Un grupo de quince delegados e delegadas de CIG-Ensino e STEG permanece desde este xoves nas dependencias da Consellaría de Educación, en San Caetano, tras coñecerse a través dos medios que o departamento autonómico está a negociar o adianto da baixada de ratios e da redución horaria en Secundaria.
As organizacións sindicais consideran inaceptable que estes contactos se estean realizando á marxe do sindicato maioritario e dos colectivos que impulsan as mobilizacións que o profesorado está a secundar masivamente desde o inicio de curso.
Folga docente a semana que vén
A acción de peche prodúcese ás portas da cuarta e quinta xornada de folga docente convocadas para a próxima semana. A secretaria nacional de CIG-Ensino, Laura Arroxo, enmarca este movemento na necesidade de visibilizar o enfrontamento laboral aberto coa Consellaría. Segundo explica, os avances que agora se estarían discutindo superan o marco do propio acordo vixente, e só se producen pola presión sostida do colectivo docente.
Arroxo lembra que a baixada das horas lectivas estaba condicionada no acordo á implantación da xornada de 35 horas na administración autonómica, unha medida que —subliña— «hoxe non está enriba da mesa». Tamén destaca que a negociación das ratios en Secundaria non debía iniciarse até completar a aplicación das novas ratios en Infantil, prevista para o curso 2026-2027. Por iso, interpreta estes movementos como “unha rectificación obrigada pola mobilización social e sindical”.
Outras novas
- Las playas de Ribeira, Santa Marta y A Ladeira, en Baiona reabren al baño
- La Atención Primaria de Vigo agrava su crisis en verano: citas con cuatro semanas de espera
- “Mientras Caballero coloca luces en julio, las alcaldesas de A Coruña y Santiago trabajan por sus aeropuertos”
- Nigrán converterá os antigos cines da Ramallosa nun espazo con auditorio e sala de proxeccións
- Hallan muerta a Carmen López Rebolo, la joven desaparecida en Lugo el pasado 21 de julio
Seguirá o pecha ata que haxa unha data de reunión co conselleiro
“As organizacións convocantes non poden ser excluídas dun proceso que afecta a todo o profesorado galego”, afirma. “Despois de falar co persoal do conselleiro, permaneceremos aquí até ter unha data de reunión e mantemos as folgas da vindeira semana, que coincidirán coa aprobación dos Orzamentos da Xunta para 2026”.
O peche pretende forzar a Consellaría a abrir unha negociación transparente e directa coas organizacións que lideran o conflito, nun contexto marcado pola continuidade das protestas e polo aumento da tensión entre profesorado e Administración.





