Persoal dos SAF, das residencias de maiores e centros de día privados, péchase no Concello

Para reclamar a negociación dos convenios e denunciar a precariedade

Persoal dos SAF e das residencias de maiores e centros de día privados péchase no Concello

Persoas traballadoras e delegadas sindicais da CIG nos Servizos de Axuda no Fogar (SAF) e nas residencias de maiores e centros de día privados, veñen de iniciar un peche no interior dos Concellos de Vigo, Santiago e Lugo en demanda de condicións laborais dignas, mentres que no caso da Coruña e de Ferrol están a desenvolver concentracións diante de empresas do sector. Estas mobilizacións fan parte da campaña posta en marcha pola federación de Servizos para forzar a negociación dos convenios colectivos tras anos de parálise.

Un grupo de empregadas e de responsábeis da CIG-Servizos accedeu arredor das 11:30 horas ao interior dos Concellos de Vigo, Santiago e Lugo ao mesmo tempo que outros grupos iniciaban concentracións diante das instalacións de DomusVi en Ferrol e de Emera (antiga Clece) en Bastiagueiro. No caso de Pontevedra está prevista unha acción reivindicativa pola tarde.

Mellora das condicións de traballo

Con estas accións a central quere reclamar unha mellora das condicións de traballo do persoal dun sector esencial como o de coidados, loita que incluíu xa diversas xornadas de folga e numerosas mobilizacións para denunciar a parálise da negociación dos dous convenios colectivos, cunhas patronais que se negan a sentarse, coa complicidade” da conselleira de Política Social, Fabiola García, “a pesar de que a Xunta é a máxima responsábel dos servizos de atención ás persoas dependentes”.


Outras novas


Precariedade

De feito, os SAF leva dende 2012 sen convenio e as residencias dende 2023, polo que as persoas traballadoras do sector padecen condicións de precariedade e baixos salarios dende hai anos.

Unha precariedade que se vai perpetuar tendo en conta que os Orzamentos autonómicos para 2026 “non se incrementan o necesario para dotar de condicións dignas o sector”, ademais de tratarse de partidas orzamentarias non pechadas, polo que en calquera momento se poden mover contías millonarias para outros servizos, “como aconteceu na partida destinada aos SAF, da que a Xunta detraeu 17 millóns de euros”.

Polo que a central sindical seguirá a promover mobilizacións en apoio das “xustas reivindicacións” das milleiros de empregadas do sector, que continuarán a loitar polos seus dereitos laborais ante a “inacción” e a “falta de vontade política” para dignificar o sector da dependencia e a atención domiciliaria. “Continuaremos esixindo que se lles escoite, que se melloren as súas condicións laborais e que se poña fin á mercantilización dos coidados”.

Creación dun Sistema Público Galego de Servizos de Atención as Persoas

Precisamente con este obxectivo a CIG aposta pola creación dun Sistema Público Galego de Servizos de Atención as Persoas que integre os centros asistenciais e residenciais da terceira idade; centros de día; centros de atención á diversidade; servizos de Axuda no Fogar; e outros recursos como Casas Niño, Casas do/a Maior, Xantar na Casa ou Transporte Adaptado. “Servizos que teñen que estar dotados suficientemente tanto de infraestruturas e material como de recursos humanos e nos que se dignifiquen as condicións laborais e salariais do persoal, maioritariamente mulleres, coa aplicación do mesmo convenio”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.