O Consello da Xunta aprobou a Oferta de Emprego Público (OEP) da Administración xeral e das entidades instrumentais do sector público autonómico para o ano 2025, que ascende a 1.103 prazas. Segundo explicou o presidente Alfonso Rueda, o obxectivo é reforzar a Administración e ofrecer emprego “fixo, estable e de calidade”, ao tempo que se garante a promoción profesional do persoal funcionario.
A Xunta aplica así a taxa máxima de reposición permitida polo Estado, baseada nos Orzamentos Xerais de 2023, os últimos aprobados.
803 prazas de acceso libre
Do total das prazas, 803 serán de acceso libre, ás que poderá optar calquera persoa que cumpra os requisitos das convocatorias. Entre elas destacan:
- 160 prazas de persoal de limpeza e cociña
- 60 da escala de persoal subalterno
- 49 do corpo auxiliar (C2)
- 11 do corpo administrativo (C1)
- 30 do corpo superior (A1)
- 30 do corpo de xestión (A2)
- 10 para a escala de letrados/as
- 26 para escalas de finanzas (superior e técnica)
Tamén se ofertan máis de 380 prazas de administración especial, entre as que salientan:
- 138 prazas para o Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (124 bombeiros forestais e 14 xefes de brigada)
- 108 para a escala auxiliar de coidadores/as
- 50 para a escala de axentes técnicos de xestión ambiental
- 30 para a escala auxiliar de cociña
Así mesmo, inclúense 38 prazas de acceso libre en entidades do sector público instrumental autonómico.
Otras noticias
- A Xunta aproba unha oferta pública de emprego con máis de 1.100 prazas para 2025
- Los 1.763 pasajeros que embarcan este martes en el «Marella Discovery”, devuelven a Vigo su categoría de puerto base de cruceros
- El alcalde asegura que el plan de tráfico de Navidad funcionó y el PP dice que fue un «fiasco»
- La Policía Nacional desarticula la primera célula en España del grupo terrorista neonazi The Base
- El Área Sanitaria de Vigo incorpora la biopsia prostática fusionada, una técnica de alta precisión
300 prazas de promoción interna
A OEP inclúe tamén 300 prazas reservadas á promoción interna do persoal funcionario de carreira, que permiten acceder a postos con maior responsabilidade e mellores condicións. Entre elas:
- 20 prazas para o corpo superior (A1)
- 50 para o corpo de xestión (A2)
- 75 para o corpo administrativo (C1)
- 153 para o corpo auxiliar (C2)
- 2 para a escala de inspectores/as de consumo
Reserva do 11,7 % para persoas con discapacidade
Rueda salientou que a reserva de prazas para persoas con discapacidade acada o 11,7 %, parte destas prazas diríxense especificamente a persoas con discapacidade intelectual.






