A Xunta de Galicia decidiu desactivar a declaración de prealerta por escaseza moderada de auga nos sistemas do río Verdugo, ría de Vigo e ría de Baiona; no da Costa de Pontevedra; no río Lérez, en Pontevedra; no río Grande, en Camariñas; e no río Anllóns, ata Arteixo. Ademais, no caso do subsistema de Baiona, pertencente á unidade territorial do Verdugo e responsable do abastecemento deste municipio pontevedrés, tamén quedaron desactivadas as medidas equivalentes a un escenario de alerta que se aplicaban desde o 7 de outubro.
Para determinar o levantamento das restricións, analizáronse datos meteorolóxicos e a evolución dos caudais circulantes mensuais, así como outros indicadores de seca establecidos no Plan Especial de Seca de Galicia-Costa. As chuvias rexistradas nos últimos 12 días de outubro e na primeira quincena de novembro produciron un incremento significativo dos caudais, de modo que todos os sistemas afectados superan xa o limiar de escaseza de 0,30.
Outras novas
- Muere un motorista en la N-120, en Ourense, tras salir de la vía y chocar contra el guardarraíl
- Del pulpo a la cocina japonesa: tres días para comerse el Mercado do Berbés
- O Sergas publica as listas provisionais de contratación de persoal sanitario con máis de 2.900 aspirantes
- Una estafa con pellets en Ponteareas destapa una red internacional de blanqueo con criptomonedas
- El negocio de las joyas falsas: tres detenidos en Vigo por estafar 19.500€ a compradores de oro
Seguirá chovendo todo este mes
Segundo MeteoGalicia, as previsións para o que resta de novembro manteñen a circulación de borrascas sobre Galicia, con episodios de choiva persistente e de intensidade moderada que contribuirán a seguir mellorando a situación hídrica. Este escenario xustifica a desactivación da prealerta nos sistemas onde permanecía activa.
No conxunto da demarcación Galicia-Costa, a situación é de normalidade. A ocupación actual dos encoros de abastecemento sitúase no 71,72%, o que supón 1,19 puntos máis que hai un ano e un 4,10% por enriba da media da última década.





