A taekwondista galega Helena García logrou unha notable medalla de prata no World Taekwondo Women’s Open Championships, evento de categoría G4 disputado en Malabo (Guinea Ecuatorial) entre o 14 e o 16 de novembro. A deportista do Dobok completou unha competición de altísimo nivel, confirmando o seu excelente momento deportivo.
Impecable camiño ata a final
Helena iniciu o torneo cun brillante triunfo ante a chinesa Zeqi Zhou, bronce mundial en 2025. O combate, moi esixente e decidido en tres asaltos, caeu do lado da galega grazas á súa solidez táctica e contundencia nas accións decisivas.
En semifinais superou á española Belén Morán, unha das súas principais rivais no circuíto estatal, garantindo así o pase á loita polo ouro.
Final de moito nivel ante a rusa Kosmycheva
Na disputa polo título, Helena mediu forzas coa rusa Anastasia Kosmycheva, campioa do Grand Prix de Muju e unha das grandes referencias internacionais da categoría. A galega ofrecceu unha gran imaxe e mantívose competitiva en todo momento, aínda que finalmente tivo que conformarse cun meritorio segundo posto.
Outras novas
- Baiona recurre a Vigo para garantizar el agua, ante el riesgo de problemas de abastecimiento
- O Porriño prepara un orzamento de 26,8 millóns, sen aumento de impostos
- Muere un vecino de Vigo en un accidente de tráfico en As Neves
- Vigo, clave para la seguridad alimentaria europea
- Hallan muerto a un hombre en avanzado estado de descomposición junto a una nave, en Vigo
Máis participación galega en Malabo
A representación galega completarase o domingo 16 de novembro, cando saltarán ao tatami:
- Arlet Ortiz (-62 kg, Mat’s)
- Tania Castiñeira (+73 kg, Hebe)
Ambas buscarán seguir o ronsel de éxito deixado por Helena García neste destacado evento feminino do calendario mundial





