O Concello de Gondomar volve poñer o foco nas carencias do sistema sanitario galego. O alcalde, Paco Ferreira, dirixiuse formalmente á Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia para reclamar a cobertura urxente da praza de pediatría do Centro de Saúde municipal, vacante desde o pasado 20 de outubro pola baixa laboral da facultativa titular.
A falta de pediatra está a deixar sen atención directa a máis de 1.100 nenos e nenas de Gondomar, o que obriga a moitas familias a desprazarse a outros concellos do Val Miñor en busca de atención médica básica. Segundo o rexedor, esta situación está a sobrecargar outros centros da comarca, afectando tanto á veciñanza como ao persoal sanitario.
Ferreira cualifica a situación de “insostible e contraria ao dereito da cidadanía a unha sanidade pública de proximidade”, e insta ao Servizo Galego de Saúde (SERGAS) a designar canto antes unha profesional substituta. O obxectivo, explica, é restablecer o servizo pediátrico e evitar que a situación continúe empeorando.
Outras novas
- Detenidos tres empresarios de Ponteareas, Vigo, y Mos el presunto desvío de 30 toneladas de cobre de Telefónica
- Samil suma otro derribo: el Concello prepara la demolición total de San Remo
- Hallado muerto junto al puente de Rande el vecino de Redondela desaparecido desde el lunes
- Alianza pola Vivienda cuestiona al alcalde por rechazar el mercado tensionado “¿por qué no quiere aplicar una medida positiva para los inquilinos?”
- Renfe refuerza los trenes a Galicia con más de 1.000 plazas adicionales durante el puente del 12 de octubre
🏥 Carencias estruturais e falta de persoal
No escrito remitido á Consellería, o Concello tamén solicita medidas para reforzar de maneira estable o cadro de persoal sanitario do Centro de Saúde, que leva tempo arrastrando carencias estruturais e limitacións que afectan á calidade asistencial.
“Non é admisible que máis dun milleiro de menores permanezan sen pediatra durante semanas. A Xunta debe actuar con responsabilidade e garantir este servizo esencial”, advertiu o alcalde.
🤝 Defensa da sanidade pública
Ferreira reiterou o compromiso do Concello de Gondomar coa defensa dunha sanidade pública accesible, digna e de calidade, e pediu á Xunta que actúe con celeridade e sensibilidade ante a situación das familias afectadas.
“Non se pode permitir que os nenos e nenas de Gondomar teñan que desprazarse quilómetros para recibir atención médica. A saúde da infancia non pode esperar”, concluíu o rexedor.





