O Concello do Porriño ten aberto o prazo de inscrición para participar no novo Programa Integrado de Emprego (PIE), unha iniciativa destinada a 100 persoas desempregadas que busca mellorar as súas oportunidades de inserción laboral ao longo dos vindeiros doce meses. O obxectivo marcado é acadar unha taxa mínima de inserción do 42% entre as persoas participantes.
As persoas interesadas poden cubrir o formulario dispoñible na páxina web e redes sociais do Concello e remitilo ao enderezo electrónico [email protected], ou entregalo presencialmente nas oficinas de Porremprego, situadas no multiusos de Torneiros, onde tamén poderán obter máis información sobre o programa.
Dende o 14 de outubro
O novo PIE, que estará en funcionamento ata o 14 de outubro de 2026, conta cun orzamento total de 275.000 euros, subvencionado nun 80% pola Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, e cofinanciado nun 20% polo Concello do Porriño.
Alejandro Lorenzo, alcalde do Porriño, destacou a importancia deste proxecto, asegurando que “este programa é unha oportunidade real para moitas persoas que buscan un futuro laboral estable. Durante un ano contarán cun equipo profesional que lles axudará a mellorar a súa formación, definir obxectivos e acceder a ofertas de traballo concretas”.
Outras novas
- Fallece Patricia López, referente del periodismo de investigación
- Morre o actor Celso Bugallo
- Hallan sin vida a un hombre desaparecido mientras pescaba en Bueu
- Muere la joven a la que su compañero de piso atacó con arma blanca, en Riazor
- Urgen a la Xunta a reparar las “graves deficiencias” del CEIP de A Carrasqueira
Desempregados, persoas con discapacidade, vítimas de violenica machista, menores de 30 anos
A iniciativa está dirixida a persoas desempregadas, con especial atención a colectivos prioritarios, como persoas con discapacidade, mulleres vítimas de violencia de xénero, mocidade menor de 30 anos, perceptoras de prestacións ou subsidios, mulleres desempregadas, parados de longa duración e inmigrantes.
O programa inclúe accións de orientación individualizada, formación para o emprego, coaching e intelixencia emocional, así como obradoiros de habilidades sociolaborais, técnicas de entrevista, fomento da iniciativa emprendedora, prospección empresarial e prácticas non laborai





