Impulso ás edificacións de prómoción pública en Galicia: a Xunta ten en marcha 3.000 novas vivendas

O Goberno galego comprométese a desenvover solo onde se poderán construír 25.000 novas vivendas nos próximos anos

A creación de vivenda marcará o ano 2026

A Xunta de Galicia avanza caro ao seu compromiso de duplicar o parque público residencial, pasando de 4.000 a 8.000 vivendas públicas durante a presente lexislatura. Segundo os datos actuais,a administración autonómica xa ten en en marcha preto de 3.000 novos fogares en diferentes fases de execución, o que representa o 73% do obxectivo fixado.

Este esforzo tradúcese nun investimento xa licitado de 208 millóns de euros cun total estimado de 451 millóns.

As promocións esténdense por concellos con alta demanda como Vigo, Pontevedra, Lugo, Ourense, A Coruña, Santiago, Ferrol ou Mos. O impulso á construción de vivenda promoción promoción pública canalízase, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) e tamén coa Sociedade Pública de Vivenda de Galicia (Vipugal), que iniciou a súa actividade a principios de 2025 e que contará cun orzamento de 77 millóns de euros en 2026.

Actualmente, o IGVS ten en construción 825 vivendas con 183 millóns de euros xa licitados, ademais da promoción de 190 aloxamentos compartidos para a mocidade en Lugo, Vigo e Santiago. Pola súa banda, Vipugal ten programadas xa outras 1.777 vivendas e 786 fogares en concellos que cederon solo e onde existe demanda acreditada.

Estratexia Galega de Solo Residencial e Orzamentos 2026

No marco da Estratexia Galega de Solo Residencial, a Xunta comprométese a desenvolver solo onde se poderán xonstruir 25.000 novas vivendas nos próximos anos (20.000 protexidas e 5.000 libres), mediante Proxectos de Interese Autonómico (PIA).

Actualmente, están tramitados 9 destes proxectos para urbanizar ámbitos de solo nas principais cidades e concellos como Vigo, A Coruña, Pontevedra, Ourense, Santiago, Lugo, Arteixo e Vilagarcía de Arousa, e estase a tramitación do décimo en Marín. Todos eles suman unha estimación de solo para construír 21.000 vivendas

Este compromiso reflictese nos Orzamentos de 2026, que destinarán 350 millóns de euros a políticas de vivenda, cunha cifra récord de 269 millóns para o IGVS.

Novas medidas para axilizar a construción

Este esforzo orzamentario en vivenda vai unido ao impulso, a partir do ano que ven, de novas medidas para axilizar a posta a disposición de novos fogares.

Así, a partir do 1 de xaneiro de 2026, os concellos poderán promover e desenvolver Proxectos de Interese Autonómico (PIA) para a creación de solo destinado ao menos nun 80% á construción de vivenda protexida. Outra modificación normativa permirtirá a construción de vivenda protexida e aloxamentos compartidos en solos dotacionais en desuso, por parte da Xunta ou promotores do sector, sen necesidade de alterar o planeamento urbanístico.

Así, posibilitará axilizar a construción e rexenerar espazos públicos urbanos ao mobilizar patrimonio público ou privado cun fin social. As vivendas que resulten terán a cualificación pública permanente.

Aloxamentos compartidos

Tamén se regularán os aloxamentos compartidos mediante a nova Lei de Vivenda, para adaptarse a novas formas de convivencia que combinen autonomía individual e vida comunitaria. Unha medida que permitirá ao Goberno galego seguir avanzando no obxectivo de incrementar o parque de vivenda con propostas máis alá do piso convencional.

Incrementar a edificabilidade

Outra das medidas permitirá incrementar a edificabilidade nun solo urbanizable por riba do sinalado la Lei do Solo, ata un 20%, se se reserva o 60% da promoción a vivenda protexida, co obxectivo de dar facilidades para que resulte máis atractivo facer vivenda protexida.

Por outra banda, cando os propietarios de vivendas de promoción pública poñan en venda os seus inmobles en segundas e posteriores transmisións, compraraas o Instituto Galego da Vivenda e Solo. Deste xeito, seguirase a ampliar o conxunto de fogares públicos con cualificación permanente.

En Ourense arrancará o programa piloto de adquisición de locais en desudo para convertelos en vivendas. Adquiriranse baixos que reúnan as condicións técnicas e xurídicas axeitadas para transformalos en vivendas. O programa contará cun orzamento de 5 millóns de euros, dos que 2 millóns estarán dispoñibles en 2026.

Así mesmo, incrementarase a partida do programa Fogar Vivo, de axudas a propietarios para rehabilitar pisos baleiros e poñelos en alugueiro, con axudas extra para os que aluguen a xente moza. Para o 2026, o progarma triplica a úa dotación ata os 2,6 millóns de euros.

Te podría interesar