O festival comeza ás 12:30 h coa gravación en directo con público de Hora Veintipico, programa da cadena SER presentado por Héctor de Miguel ‘Quequé’, no Auditorio do Concello.
A inauguración do Espazo Gaming Nintendo en Vialia marca o comezo da tarde. O xigante xaponés dos videoxogos apoia por segundo ano o festival vigués pra que grandes e pequenos proben os xogos máis icónicos da casa na nova switch 2. A inauguración consistirá nun interesante encontro entre a desenvolvedora e escritora de videoxogos Concepción López Agulla e o autor de Anna Kadabra, Pedro Mañas.
Catro actividades para familias
A tarde continúa con catro actividades para familias:
- Sesión de contos con David Rodríguez (Évame oroza, 18:00h)
- Taller de xoguetes ópticos con Carmen Pintos (Librouro, 18:30h)
- Taller de Fanzines con Diego Estevo (MARCO, 19:00h) e
- Taller Frikeando con Dinos, con Rena Ortega (A Klandestia, 19:30h)
Hematogala
A xornada remata ás 21:30h. no Auditorio Mar de Vigo cunha das actividades más chamativas da segunda edición: a Hematogala, un espectáculo ao estilo dun show de variedades televisivo, presentado por María Lado e Touriñán.
Contará coas actuacións de Ignatius, Grande Amore, IGMIG, Sobria y Serena ou Silvia Superstar, entre outros. Entradas desde 15€ entrando AQUí.

