Centos de traballadores da construción saíron á rúa en Vigo amosando o seu apoio á folga convocada este mércores, 5 de novembro en toda Galicia para denunciar “salarios indignos” e xornadas de traballo “de máis de 10 horas” no sector.
A CIG, convocande do paro, pide a negociación dun convenio galego para cambiar estas circunstancias e os seus representantes piden « berrar alto e claro” que é irrenunciabel unha mellora das condicións laborais dos traballadores, ante un sector “esmagado e precario” e “atado” polas disposicións da patronal e o convenio estatal.
Outras novas
- El Concello planta a la Diputación en la comisión de Finca Matías y evita justificar el retraso de una obra millonaria
- Nigrán terá un novo glamping para 215 persoas: así será o campamento turístico que se construirá en Lagoíña
- O BNG denuncia que Povisa recibe 100 millóns da Xunta, mentres medran as esperas e os pacientes marchan
- El embalse de Eiras cae a su segundo peor nivel histórico y se ratifican las medidas de ahorro de agua
- Una expedición científica iniciada en Vigo estudia el impacto de los microplásticos, antibióticos y residuos farmacéuticos en el océano
Empresas grandes e obras públicas
Cunha representación a nivel galego de arredor do 35-40%, a CIG ataca a “intransixencia” coa que levan “intentando reunirse máis dun ano”, e subliña que “non pode ser” que os convenios provinciais, que son os que se aplican, “estean sempre atados” polo que diga Madrid.
Por iso, nesta xornada de folga, lembran o paro que se produciu hai décadas en todo o país, e claman porque “a gran maioría dos traballadores” do sector “traballan máis de 10 horas”, e non nas empresas pequenas, senon “nas grandes e nas obras públicas”. De aí que o obxectivo da CIG coas mobilizacións é “darlle a volta a todo o sector”.





