Desde as 09:00h. deste mércores, podes descargar o Bono Activa Comercio –premendo AQUí – e benefiarte de descontos de ata 30€ para compras no comercio de proximidade.
Esta nova convocatoria conta cun orzamento de 2,5 millóns de euros, que se suma á partida da edición anterior, acadando un total de 5 millóns de euros investidos en 2025. A Xunta prevé que con esta medida se mobilicen máis de 8,5 millóns de euros en vendas no comercio local.
Como novidade, os establecementos non terán que inscribirse de novo, xa que segue vixente a adhesión da primeira edición. En todo caso, os comercios que aínda non participaran poderán sumarse ata o 15 de decembro ou ata o remate do crédito dispoñible.
Outras novas
- O Porriño prepara un orzamento de 26,8 millóns, sen aumento de impostos
- Muere un vecino de Vigo en un accidente de tráfico en As Neves
- Vigo, clave para la seguridad alimentaria europea
- Hallan muerto a un hombre en avanzado estado de descomposición junto a una nave, en Vigo
- Vigo pone el coche de siempre patas arriba: es la ciudad de España que más apuesta por el renting
O funcionamento do bono é sinxelo
- 5€ de desconto en compras entre 20 e 30 euros.
- 10€ de desconto en compras entre 30 e 50 euros.
- 15€ de desconto en compras iguais ou superiores a 50 euros.
Cada persoa poderá descargar un único bono, e cando se esgote o crédito total da campaña, os bonos descargados deixarán de poder empregarse.





