Sin sección

Gondomar lanza o programa “Talento Xove 2025” para impulsar o emprego juvenil

Trátase dunha iniciativa de formación gratuíta, presencial e con orientación laboral

O Concello de Gondomar, en colaboración coa Fundación Impulsarse e coa cofinanciación da Unión Europea, pon en marcha o programa “Talento Xove 2025”, unha iniciativa de formación gratuíta, presencial e con orientación laboral, destinada a mellorar a empregabilidade da mocidade do municipio.

A quen vai dirixido

O programa está pensado para mozos e mozas de entre 16 e 30 anos, que se atopen en situación de desemprego e inscritos/as no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

Formación ofertada

O itinerario formativo, de carácter presencial e que se desenvolverá no Centro de Desenvolvemento Local (CDL) de Gondomar, inclúe dous bloques principais:

  • Formación troncal: Competencias dixitais avanzadas (60 horas)
  • Formación específica: Actividades auxiliares de almacén (90 horas)
  • Ademais, o programa ofrece orientación laboral personalizada e bolsa de asistencia remunerada, que permite ao alumnado recibir unha compensación económica durante o período formativo
  • Máis información e inscricións:
    As persoas interesadas poden solicitar máis información a través dos seguintes
    contactos: [email protected]
    Inma: 698 18 51 28
    Pilar: 698 18 51 28

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.