Música y Cine Vigo al minuto

Public Enemy, El Puto Coque e Paniko en las calles, abren hoxe ‘O Marisquiño’

publicenemyVarios grupos vigueses de hip hop terán a posibilidade de amosar o seu traballo ao público vigués no auditorio de Castrelos hoxe a partir das 22:00 horas, antes da actuación de Public Enemy, no que é o concerto de apertura do Marisquiño.

“Tivemos moitas peticións en numerosos foros para que se lle dera cabida aos grupos de gran calidade que temos na nosa cidade e por iso decidimos xuntalos na primeira parte do concerto baixo a denominación de Vigo All Star, na que o público poderá gozar coa música feita aquí. E xa na segunda parte, Public Enemy, os reis do hip hop, que chegan a Vigo xa con catorce discos no mercado“, indicou o concelleiro de Cultura durante a presentación do mesmo.

O concelleiro explicou que un dos obxectivos da nosa concellería é crear as plataformas para que os axentes, neste caso musicais, teñan a posibilidade de poder amosar as súas creacións, o seu traballo.Dentro da programación das Festas de Verán temos o programa Vigo Urban, dedicado principalmente aos grupos vigueses, e este ano ademais decididos darlle un espazo dentro do concerto de apertura do Marisquiño e compartindo cartel con Public Enemy”.

O director do Festival O Marisquiño, Carlos Domínguez, Pity, destacou o feito de que se incrementou a oferta musical de “un día a catro” e tamén a importancia de “apoiar a escena de Vigo. Se temos a posibilidade de facelo, non o dubidamos”. 

No rolda de prensa tamén estiveron presentes “Pániko”, de “Pániko en las calles” e Coque, de “El puto Coque”, que serán os artistas vigueses que protagonizarán a primeira parte do concerto do xoves día 5 de agosto (22:00 horas), xunto a un grupo de invitados. Ambos coincidiron en subliñar que “imos concentrar o mellor do noso traballo e esperamos que o público poda gozar con nós”.

Este concerto de apertura terá o nome de “Vigo All Stars” e comprende a participación de varios grupos que irán en dúas tandas: -Puto Coque + os seus convidados (WÖYZA, SEILAESENCIA, VALDA E SALE)
-Paniko en las Calles + os seus convidados (XOKO SUIZO, DRUMDRAMA, ANUBIS METAL JACK, EL SEIS E DJ LIMBO).

O prezo das localidades é de 10 euros en venda anticipada e 12 euros en despacho de billetes. Puntos de venda: Servinova, central de Espectáculos (R/ Velázquez Moreno) e no despacho de billetes de Castrelos

 

 

 

También te puede interesar