Imaxe:TVG/ O xornalista José Manuel Orriols, unha das caras máis recoñecidas da Televisión de Galicia e colaborador habitual en diversos medios de comunicación, faleceu na tarde deste luns aos 76 anos de idade.
Natural de Neda, Orriols tivo unha carreira prolífica e diversa no ámbito da comunicación, licenciouse een Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid. Comezou como colaborador no desaparecido Ferrol Diario e na axencia Europa Press. Na TVG, converteuse nun dos rostros máis populares ao fronte de programas emblemáticos como Galicia Enteira, Galicia fin de semana ou Escola a Escola. Tamén destacou na prensa escrita, especialmente como responsable da sección de Motor en medios como La Voz de Galicia, A Opinión da Coruña ou en COPE Ferrol, así como na revista especializada Crono Motor.
Nos últimos anos, continuaba activo como colaborador semanal en Radio Voz, con un espazo dedicado á gastronomía, o turismo e a enoloxía.