Comarcas

A provincia, plató de cine

Coa filamción da longametraxe ‘O pesadelo das vacas’

A provincia, plató de cine

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, visitou este martes en Lalín a rodaxe do filme “O pesadelo das Vacas”, unha produción de Matriuska dirixida por Rafa de los Arcos que se grava íntegramente en distintas localizacións da comarca do Deza. Acompañado polo deputado de Cultura, Jorge Cubela, López percorreu os escenarios do Lalín Arena e coñeceu ao equipo técnico e creativo, entre eles os actores Diego Anido e María Vázquez. “Acollemos unha nova rodaxe na provincia, o que demostra que somos un plató magnífico”, afirmou o presidente.


Outras novas


Trama

A película, primeira longametraxe de Rafa de los Arcos baixo o selo de calidade de Matriuska —produtora de referencia no audiovisual galego con títulos como Matria—, conta a historia dunha muller ferida por unha traxedia familiar que busca atopar o seu lugar nunha vila do interior de Galicia.

O filme dispón dun orzamento dun millón de euros e solicitou a colaboración da Deputación a través do programa ‘Rías Baixas Acción‘, así como a cesión da Finca Mouriscade para acoller ao equipo durante a rodaxe, que se realizará en Lalín, Rodeiro e Silleda.

Luis López salientou que este tipo de producións contribúe a dar a coñecer a provincia a través do cinema e enmárcase na estratexia da Deputación de promover o sector audiovisual e o turismo interior. “Esta dáse nun lugar que é o interior da provincia, o que pon en valor a campaña de promoción do destino turístico Rías Baixas cunha campaña “Cando Volves?, na que por primeira vez non aparece un so metro de praia. Esa forza do interior é a que tamén, cando se estreará a película, imos poder desfrutar”, subliñou.

Ademais, a acollida deste tipo de rodaxes reforza a estratexia de descentralización cultural promovida pola Deputación. “Queremos que actividades coma esta rodaxe non se dean só nos marcos máis urbanos, que vaian ao rural. Isto é un exemplo, coma no seu día foron os Premios Mestre Mateo celebrados por primeira vez en Lalín”, concluíu o presidente.

Te podría interesar