O Bloque Nacionalista Galego (BNG) pide garantías do Goberno de Abel Caballero para a reapertura das pistas de atletismo o 23 de outubro, data prevista para o remate da substitución do tartán. A fronte nacionalista alerta da falla de avances nos traballos e advirte ademais de que estas obras son “parches” que non van solucionar as graves deficiencias que presenta dende hai anos a instalación deportiva por causa do “abandono” do Goberno local.
Outras novas
- El Concello de Redondela ya es el dueño de Villa Elisa
- Denunciado el puerto deportivo de Baiona por un vertido de hidrocarburo a la red de saneamiento
- Ya tienes plan para esta noche: en el Ocean Rock Bar, Adolfo FH, en concierto para ‘Cada niño un juguete’
- ‘Hey Hematoma’ y ‘Foggy Mental Breakdown’ incendiarán la Sala Rebullón, este domingo
- La Guardia Civil interviene más de 3.000 litros de gasóleo bonificado en una venta fraudulenta en una gasolinera de Campo Lameiro
Retirados só 10 metros de tartán
Filipe Abalde, concelleiro do BNG en Vigo, asegurou que dende o inicio das obras o 6 de outubro non se rexistrou apenas presenza de operarios e de maquinaria e o único avance visíbel foi a retirada de 10 metros do tartán. Uns traballos que obrigaron a clausurar as pistas que, lembrou, xa estiveron todo o mes agosto pechadas. “A este ritmo moito nos tememos que as pistas van acabar clausuradas sine die”, avisou.
Abalde reclamou garantías a concellaría que dirixe Manel Fernández para que estes traballos se realicen “en tempo e forma” para evitar un “novo castigo” contra as e os atletas da cidade. Porén, advertiu que estas obras son “apaños que chegan tarde” e seguen a ignorar as numerosas demandas, durante anos, das máis de 300 persoas usuarias das pistas e dos clubs. “As instalacións continúan en condicións moi precarias con material obsoleto, con duchas e aseos nun estado lamentábel e quedando a escuras por problemas na instalación eléctrica”, criticou o concelleiro do Bloque.
Reforma integral pendente dende 2009
Dende a fronte nacionalista insistiron en que, máis alá das obras de mantemento, as pistas de atletismo continúan á espera dende 2009 da reforma integral, sobre a que non existe ningún avance do Concello nin da Xunta. O edil do BNG afeou as constantes promesas incumpridas a este respecto por Abel Caballero, entre elas que a reforma se ía realizar de forma simultánea coas obras da nova bancada de Gol no estadio de Balaídos.
“Vigo somos unha grande potencia deportiva no atletismo, os e as atletas foron quen máis medallas olímpicas trouxeron para a nosa cidade”, puxo en valor Abalde, afeando que “a cambio o que reciben é o desleixo por parte dos Gobernos municipal e galego”. Tachou así de “tomadura de pelo” as alternativas anunciadas por ambas administracións.
Dun lado, as presuntas pistas cubertas presentadas polo alcalde cun “posado fotográfico ridículo” nos baixos da bancada de Río que “non pasaron de liñas pintadas sobre formigón”. E por outro, as pseudo pistas instaladas no IFEVI pola Xunta que “pasan máis tempo desmontadas que en uso”.






