O Porriño convértese esta fin de semana nun punto de encontro para veciños, veciñas e visitantes, grazas a unha ampla axenda de actividades que mesturan gastronomía, deporte, música e solidariedade. Cun programa cheo de actividades e propostas de todo tipo.
🥖 VII Feira do Pan do Porriño
Sábado 11 de outubro, 11:00 h – Praza Arquitecto Antonio Palacios
- Showcooking con Coque Fariña
- Obradoiro infantil “Peque Pan”
- Xantar popular de polbo e porco ao espeto
- Actuacións musicais e produtos con Denominación de Orixe
🚴 Copa Galicia de Ciclocrós
Sábado 11 de outubro, 11:00 h – Pista de atletismo do Polígono da Granxa
- Máis de 250 ciclistas
- Circuíto de preto de 3 km
- Promoción do deporte base e competitivo
🎲 II Bingo Solidario
Sábado 11 de outubro, 21:00 h – Círculo Recreativo Cultural
- Toda a recadación irá a Afaga Alzheimer
- Noite de diversión e solidariedade
🍂 V Festival de Outono en Atios
Sábado 11 de outubro – Centro Cultural de Atios
- Magosto popular durante todo o día
- Festival folclórico: Os Moleirinhos do Gandanha, Do Lado do Sol e Os Penediños de Atios
- Música nocturna: Charanga Nova Jomada, Lina e Lola e Murghinsky
🍷 II Festa Furancheira
Venres 10 e 17, sábados 11 e 18, desde 19:00 h – Barrio da Cruz de Budiño
- Viño do país, comida caseira e música tradicional
- Queimada tradicional a medianoite con Suso Ferreiro
🇪🇸 Día da Hispanidade
Domingo 12 de outubro
- Misa en honra á Virxe do Pilar (12:45 h, San Rosendo de Torneiros)
- Ofrenda floral aos Caídos e entrega de condecoracións aos profesionais da Garda Civil

