Cultura

Un sábado con moita miga

Na Feira do Pan do Porriño

A Praza Arquitecto Antonio Palacios acollerá o vindeiro sábado, día 11, unha nova edición da Feira do Pan do Porriño, unha cita xa consolidada no calendario gastronómico galego que combina tradición, cultura e turismo, e que cada ano enche as rúas da vila de visitantes desexosos de degustar o auténtico Pan do Porriño, un produto con máis de catro séculos de historia.


Outras novas


Organizado polo Concello, coa colaboración da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL) e a Asociación de Panadeiros do Porriño, o evento busca poñer en valor os produtos locais e «salientar a importancia do turismo gastronómico como motor de promoción e desenvolvemento económico para o municipio. O rexedor destacou “a importancia de seguir apostando pola promoción dos nosos produtos de calidade, que son auténticos embaixadores do Porriño e de Galicia máis alá das nosas
fronteiras”, apunta o alcalde, Alejandro Lorenzo.

Programa

A feira abrirase ás 11.00 horas e celebrarase ao longo de todo o día, contando cun posto aberto de venda de pan do Porriño, no que se poderá adquirir a tradicional bola de Pan do Porriño. A Asociación de
Panadeiros, colaboradora esencial da feira, ofrecerá ao público unha ampla mostra do seu traballo
artesanal e divulgará o proceso de elaboración dun produto que combina historia, calidade e sabor. A súa
presenza reforza a esencia da feira e o compromiso do sector coa promoción gastronómica e turística da
vila.

Trala inauguración a cargo do alcalde, a programación abrirase coa actuación de música e baile tradicional, “Regueifa”, da Asociación Cultural Sadeo, e, a continuación showcooking con degustación de receitas elaboradas con Pan do Porriño a cargo da recoñecida cociñeira Coque Fariña (@mi_coquetería).

A partir das 13.30 horas será a quenda da tradicional feira e xantar popular de polbo e porco ao espeto, amenizada polo DJ Mus

Ás 17.00 horas realizarase un obradoiro infantil “Peque Pan”, pensado para que os máis pequenos da casa aprendan de forma divertida o proceso de elaboración do pan.

A partir das 18:30 horas, o público poderá gozar da degustación “Experiencias de Calidade”, con
embutidos e queixos con Denominación de Orixe de Galicia, a cargo de Salomé Beiroa, unha actividade
patrocinada por AGACAL.

A feira pechará coa actuación musical do grupo La Patrulla, que porá o broche final a unha xornada
dedicada á calidade, á tradición e ao orgullo de ser do Porriño.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.