O Bloque Nacionalista Galego vén de conseguir un «novo avance decisivo para a Galiza» ao desbloquear a tramitación da Lei que permitirá a transferencia da Autoestrada do Atlántico (AP-9) á Galiza. Durante as negociacións do Proxecto de Lei de Mobilidade Sustentábel, o BNG acadou que o PSOE aceptase que a Mesa do Congreso poña fin á parálise do proceso lexislativo.
O deputado nacionalista Néstor Rego lembra que a transferencia da AP-9 é unha demanda histórica do pobo galego e que a súa xestión directa desde Galiza permitirá avanzar nun modelo máis xusto, sustentábel e adaptado ás necesidades do país. «Non é só unha cuestión de competencias —subliña— é unha cuestión de dignidade e de capacidade para decidir sobre as nosas infraestruturas e recursos».
Control galego da autoestrtada
Ademais, Rego puxo en valor que, alén das medidas incluídas no Proxecto de Lei de Mobilidade Sustentábel conseguidas pola organización nacionalista, «o BNG logra impulsar a tramitación da transferencia da Autoestrada do Atlántico, abrindo así o camiño para que a Galiza poida exercer un control real sobre unha infraestrutura estratéxica«.
«Este avance é a proba de que o BNG, con firmeza e coherencia, é quen de condicionar votacións e de lograr avances concretos para o beneficio das galegas e galegos» conclúe o deputado nacionalista.
Anos de bloqueo
«O PP leva anos bloqueando a transferencia da AP-9, tanto en Madrid como en Santiago. Se hoxe se move o marco é porque o BNG, con só un deputado, soubo facer valer a voz da Galiza no Congreso. Mentres o PP miraba para outro lado, nós puxemos a presión política e o traballo constante para que o PSOE finalmente accedese a desbloquear o trámite» subliña Rego.
Outras novas
- ‘Fogar Vivo’ recibe 73 solicitudes no primeiro día, para mobilizar vivendas baleiras cara ao alugueiro accesible
- Caballero vuelve a acusar a Louzán de “mentir descaradamente” sobre la candidatura de Vigo al Mundial 2030
- La luz se dispara este martes hasta cerca de los 137 €/MWh, tras los ataques de Estados Unidos e Israel
- Primeira edición dos premios ‘Antiviguesas Distinguidas’
- Denuncian la contratación de médicos sin especialidad en centros de Atención Primaria del área sanitaria de Vigo
Nesta liña, Rego reivindica que «o BNG é a única forza galega que actúa sempre con independencia e coherencia, sen obedecer a intereses madrileños« e lembra que o PP «tivo maiorías absolutas suficientes tanto no Congreso como na Xunta para facer esta transferencia, e nunca a fixo».






