Uns 80.000 traballadores da construción de Galicia están chamados á folga o vindeiro día 5 de novembro para denunciar a presenza de «salarios indignos» e xornadas de traballo «de máis de 10 horas» no sector.
A CIG pide a negociación dun convenio galego para cambiar estas circunstancias. Nunha rolda de prensa, o portavoz da federación da construción do sindicato nacionalista, Plácido Valencia, advertiu que «temos que berrar alto e claro» por unha mellora das condicións laborais dos traballadores da construción en Galiza, ante un sector «esmagado e precario» e «atado» polas disposicións da patronal e o convenio estatal.
Outras novas
- Muere el golpista Tejero
- El Concello intensifica la reparación de calles
- El papa León XIV visitará España en junio: ¿pasará también por O Porriño?
- Yolanda Díaz anuncia que no será candidata en las elecciones generales de 2027
- Luisa Sánchez desafía al Gobierno local y propone soluciones para vivienda, barrios e infraestructuras
Nas empresas grandes e obras públicas
Cunha representación a nivel galego de arredor do 35-40%, a CIG ataca a «intransixencia» da coa que levan «intentando reunirse máis dun ano», e subliña que «non pode ser» que os convenios provinciais, que son os que se aplican, «estean sempre atados» polo que diga Madrid.
Por iso, convocan unha xornada de folga, lembrando a que se produciu hai décadas en todo o país, e ante a cal cren que as organizacións estatais, CC.OO. e UGT, «van ter que dar marcha atrás» en Galicia. Afirmaron que «a gran maioría dos traballadores» do sector «traballan máis de 10 horas», e non nas empresas pequenas, senon «nas grandes e nas obras públicas». De aí que o obxectivo da CIG con esta folga e as mobilizacións, que xa se están a barallar, sexa «darlle a volta a todo o sector».





