A un día da súa estrea internacional na sección Made in Spain do Festival de San Sebastián, San Simón anuncia que a súa chegada ás salas comerciais terá lugar o próximo 24 de outubro. A Donosti asistirán varios membros do equipo técnico e artístico e a estrea -unha das poucas da súa sección e o único filme en galego do festival- contará con presentación e coloquio de Miguel A. Delgado, Flako Estévez, Andrea Vázquez, Guille del Moral, Alexandro Bouzó.
Ademais disto, antes da súa estrea comercial, San Simón tamén poderá verse na sección Panorama Galicia do Festival de Cine Internacional de Ourense o próximo 2 de outubro.
Campo de concentración
A historia de San Simón sitúase en outubro de 1936. O réxime de Franco crea máis de trescentos campos de concentración por toda España: conventos, fábricas, escolas, prazas de touros, mosteiros e outros espazos «pechados». San Simón destaca pola súa insularidade. O réxime converte o antigo lazareto nun lugar de morte onde os prisioneiros sofren a represión rodeados dunha beleza abafadora. Sete anos despois, Lamas, un preso da illa, lembra a historia dos homes e as mulleres que, como el mesmo, sufriron a represión neste pequeno enclave da costa galega.
Outras novas
- Detenidos tres empresarios de Ponteareas, Vigo, y Mos el presunto desvío de 30 toneladas de cobre de Telefónica
- Samil suma otro derribo: el Concello prepara la demolición total de San Remo
- Hallado muerto junto al puente de Rande el vecino de Redondela desaparecido desde el lunes
- Alianza pola Vivienda cuestiona al alcalde por rechazar el mercado tensionado “¿por qué no quiere aplicar una medida positiva para los inquilinos?”
- Renfe refuerza los trenes a Galicia con más de 1.000 plazas adicionales durante el puente del 12 de octubre
Construíndo a memoria desde o punto de vista das vítimas
San Simón narra a historia deste campo de concentración que se estableceu nesta illa desde os primeiros días da sublevación militar que non deixa de ser unha metáfora do que pretendía crear o fascismo: unha inmensa prisión. Case seis mil persoas de toda España pasaron por ela durante os sete anos que estivo en funcionamento. Era un proxecto totalizador cuxo obxectivo buscaba –literalmente– encerrar a un pobo nunha illa.
«A historia dos campos non supón unicamente unha crónica negra, tamén nos obrigan a preguntarnos sobre a vixencia de conceptos como a democracia, a dignidade, a liberdade ou os dereitos humanos«, indica Miguel Ángel Delgado, o director do filme.
A película rodouse na localización orixinal onde tiveron lugar os acontecementos na illa: os edificios, os peiraos, a ponte de pedra que une ambos os illotes, a chaira da illa, os areais que a rodean. Para filmar os interiores a produción tivo que trasladarse a localizacións fóra da illa como a ETEA de Vigo, o Convento de Santa Clara de Pontevedra ou A Cova da Moura no concello de Cenlle.





