Comarcas

A Deputación organiza tres obradoiros de capacitación tecnolóxica en SmartPeme+

Mira como inscribirte

A Deputación organiza tres obradoiros de capacitación tecnolóxica en SmartPeme+

A Deputación de Pontevedra organiza esta semana tres novos obradoiros de capacitación tecnolóxica ao abeiro da Rede SmartPeme+. As accións, en formato telemático (todas elas requiren inscrición previa), celebraranse do luns 22 ao mércores 24 de setembro e afondarán en cuestións de interese para o tecido empresarial da provincia como a creación de marca, a economía circular e o posicionamento web, entre outros.

Luns, 22

Celebrarase o obradoiro “Branding verbal, crea marca coas túas palabras”, a partir das 12:00 horas organizado pola oficina de Ponteareas. Coa exposición en redes sociais do contido de marca, cada vez é máis importante a maneira na que se transmiten as mensaxes. Deste xeito, o branding verbal convértese nun dos aspectos máis importantes na creación dunha marca, axudando a definir e transmitir as mensaxes a través dos diferentes medios para chegar a un nicho de mercado concreto dunha maneira próxima e adecuada.

Lara Taboada, licenciada en Estudos Artísticos de Deseño Gráfico con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa, estará a cargo da xornada. As inscricións pódense realizar neste formulario.

Martes, 23

Ás 12:00 horas terá lugar o obradoiro “Economía circular” coordinado pola oficina de Barro. Este obradoiro abordará o modelo económico do futuro, deseñado para minimizar os residuos e maximizar os recursos. As persoas participantes aprenderán os seus principios básicos, os modelos de negocio que fan posible a circularidade e ferramentas prácticas para implantalo en proxectos da vida real.

A sesión, que incluirá unha sección práctica para aplicar os conceptos e descubrir oportunidades de innovación sostible, estará impartida por Sabela Álvarez, licenciada en Comunicación, asesora e formadora acreditada con máis de 10 anos de experiencia en emprego e emprendemento. As inscricións pódense realizar AQUí.

Mércores, 24

Tamén ás 12:00 horas a oficina do Porriño desenvolverá o obradoiro  “SEO para e-commerce. Posiciona a túa tenda en liña en Google”. Esther Garcinuño, diplomada en Ciencias Empresariais con máis de 8 anos de experiencia en desenvolvemento de proxectos web, ensinará como optimizar unha web de venda en liña e mellorar o seu posicionamento nos motores de procura cun enfoque práctico, amosando exemplos reais. As persoas interesadas poden inscribirse neste AQUí.

Te podría interesar