Traballadoras do servizo de Protección e Reforma de menores, concentráronse este martes diante da delegación da Xunta de Galicia en Vigo para reclamar un convenio galego que acabe coa precariedade neste sector.
Denuncian salarios irrisorios, ratios de persoal que implican unha sobrecarga “descomunal” para poder cumprir o servizo, dispoñibilidade durante todos os días e horas do ano, dificultades na conciliación
familiar, carga emocional e estrés “como medio de vida”, ademais de escaseza de medios.
As traballadoras salientan a importancia desta función social, porque os menores vulnerables precisan dunha atención adecuada con recursos suficientes que non poden depender de presupostos axustados sempre á baixa.

“Desempeñamos un papel fundamental na protección e benestar dos menores, dedicando o noso tempo e esforzo cunha vocación xenuína por brindarlles un futuro mellor. Os menores teñen dereito a recibir unha atención socio educativa digna, de calidade e por profesionais formados. Sen embargo, afrontamos condicións precarias e unha falta de recoñecemento que non está equiparada coa importancia do noso traballo.”
Entenden que é responsabilidade das institucións públicas e das patronais do sector é recoñecer a súa labor, garantir unhas condicións óptimas e dignas de traballo para que poidan coidar e non improvisar pola falla de recursos.
Otras noticias
- Muere Robert Redford
- Abel Caballero: “si de la Xunta se tratase, 3.509 niños y niñas de Vigo se quedarían sin comida”
- Vigo no es nada ‘cargante’
- España no acudirá a Eurovisión 2026, si participa Israel
- Concentración en Vigo en defensa das traballadoras da Protección e Reforma de Menores
Nesta liña, apuntan que o V Convenio Colectivo Estatal de Reforma Xuvenil e Protección de Menores non recolle as súas necesidades, incluso as empeora ao establecer persoas traballadoras de primeira e segunda.
Por iso, “reclamamos da Xunta e da Patronal que apliquen, de xeito inmediato, a suba económica por igual a todo o mundo eliminando a discriminación que recolle o artigo 65. Así mesmo defendemos a creación dun Convenio Galego, para que as nosas condicións sexan acordes coas nosas particulares necesidades, un convenio que teña a súa correspondencia cos presupostos da Xunta de Galicia”.