Comarcas

A Deputación organiza esta semana tres novos obradoiros de capacitación tecnolóxica da Rede SmartPeme+

Sobre deseño web con Wordpress, as páxinas de destino e o uso de Canva

A Deputación de Pontevedra organiza a próxima semana tres novos obradoiros de capacitación tecnolóxica ao abeiro da Rede SmartPeme+. As accións, en formato telemático (todas elas requiren inscrición previa), celebraranse do martes 16 ao xoves 18 de setembro e afondarán en cuestións de interese para o tecido empresarial da provincia como o deseño web con WordPress, a importancia das páxinas de destino e o uso de Canva para mellorar a imaxe de marca, entre outros.

Martes 16 de setembro

Celebrarase o obradoiro “Obradoiro de Canva para Comercio Local: Promociona a túa tenda coma un profesional”, a partir das 11:00 horas organizado pola oficina de Lalín. As persoas participantes aprenderán a mellorar a imaxe de marca do seu negocio con Canva, creando folletos e publicacións en redes de maneira profesional.

A sesión será impartida por Fátima Faílde, licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e imaxe corporativa, e as inscricións pódense realizar neste formulario.

Mércores 17

Ás 12:00 horas terá lugar o obradoiro “Consegue máis conversións coa Landing Page perfecta” coordinado pola oficina de Pontevedra. Este obradoiro abordará a importancia das páxinas de destino como parte da estratexia de márketing dixital. A través de exemplos e empregando diferentes ferramentas.

Adrián Fernández, licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Barcelona e cunha ampla experiencia na comunicación e no márketing dixital, amosará como mellorar as conversións.
As persoas interesadas poden inscribirse AQUí.

Xoves 18

Tamén ás 12:00 horas a oficina de Vigo desenvolverá o obradoiro “Crea unha páxina profesional con WordPress I”, no que María Aller, licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo e con máis de 3 anos de experiencia en comercio en liña, ensinará as posibilidades que ofrece WordPress.

As persoas participantes coñecerán os pasos para crear un sitio web profesional e optimizado con este xestor de contido e afondarán no seu deseño, desenvolvemento e xestión. As inscricións pódense realizar AQUí.


Outras novas


A Deputación destina este ano 1,45 millóns de euros á Rede SmartPeme+ e Acelera Pyme Rural para
asesorar persoas emprendedoras desde as oficinas de Barro, Cambados, Lalín, Ponteareas, Pontevedra, O
Porriño e Vigo.

Desde esta rede lévanse a cabo actividades formativas relacionadas co crecemento empresarial e a transformación dixital, asesorando a ata 2.500 emprendedores, autónomos e pemes ao ano e impartindo arredor de 200 talleres formativos e actividades complementarias.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.