Este venres, 12 de setembro a Concellería de Xuventude do Concello de Gondomar organiza unha actividade especialmente deseñada para a mocidade, chea de deporte, xogos e música.
Ás 18:00h no Campo de Fútbol Das Cercas, ofrecerá un Show Freestyle no que, especialistas desta disciplina de fútbol da rúa, amosarán a mestura de trucos de fútbol con acrobacias controlando o balón en diferentes posicións e con distintas partes do corpo. Todo elo, levado a cabo ao ritmo da música.
Logo serán os asistentes os que poderán poñer en práctica algún deses trucos a través de distintos obradoiros. Para participar neles hai que chamar ao 986.369.746. A música non faltará nesta actividade contando con DJ en vivo. E como colofón, pódese participar de balde nos distintos xogos como canastra eléctrica, pista suboccer ou air hockey.