Se eres nai ou pai traballador e precisas atender necesidades puntuais de conciliación- como enfermidades ou compromisos laborais- dende o vindeiro luns, día 8 de setembro- e ata o 7 de outubro-, poderás solicita o Bono Concilia Familia.
Axudas directas
O Bono Concilia Familia -como sinala a convocatoria publicada no Diario Oficial de Galicia– ofrece unha achega económica directa a fogares con fillos de ata 13 anos -nados entre o 1 de xaneiro de 2012 e o 31 de decembro de 2021- nos que os dous proxenitores traballan.
Así, ten como obxectivo contribuír a sufragar os custos de coidadores, ludotecas, campamentos ou outros servizos de conciliación.
As axudas poden chegar ata 500€ para contratar unha persoa a domicilio ou ata 200€ por neno para cubrir gastos en recursos e servizos específicos como campamentos ou espazos de ocio -ata un máximo do 75% do servizo pagado pola familia. En 2024 beneficiou máis de 15.000 fogares galegos.
Tamén en vigoalminuto
- Lluvia toda la semana
- La acampada por la vivienda ya tiene fecha para levantar sus tiendas
- La Diputación, dispuesta a negociar el Mundial con Caballero si antes sabe qué hará el Concello con los 107 millones que costará
- Herido leve un camionero de 44 años tras chocar contra la mediana en la AP-9 en Vigo
- Un extraño lenguado de la ría desconcierta a los científicos: tiene negro hasta el vientre
Atención especial a colectivos prioritarios
Na convocatoria deste ano hai unha novidade importante: a cobertura amplíase ao 100 % do servizo no caso de familias numerosas, monoparentais, acolledoras, con garda con fins adoptivos, nas que algún fillo teña unha discapacidade igual ou superior ao 33 % ou se trate de vítimas de violencia de xénero.





