O Concello de Gondomar, en resposta á petición realizada polo párroco da parroquia de Santa Mariña de Vincios, levará a cabo unha serie de actuacións para poñer en valor o carballo centenario situado no Torreiro de Festas da devandita parroquia.
A iniciativa nace tras a solicitude do propio párroco, quen trasladou ao consistorio a necesidade de preservar e destacar este exemplar arbóreo pola súa relevancia histórica, ambiental e social para a comunidade.
A árbore está nun estado ‘aceptable’
Logo dunha inspección técnica realizada pola Estación Fitopatolóxica Areeiro, o informe concluiu que o carballo se atopa nun estado xeral aceptable, aínda que con certas limitacións no desenvolvemento radicular e presenza de organismos como o Phythium sp. e o nematodo Xiphinema diversicaudatum, que non representan unha ameaza inmediata para a súa estabilidade.
Tamén en vigoalminuto
- La Xunta autoriza la licitación del nuevo centro público de cuidados intermedios, en el Rebullón
- La ciudad roza el lleno total y «arrastra» la ocupación hotelera en Pontevedra, Baiona o Porriño
- Nuevo récord del precio de la vivienda en Vigo
- Localizado, con hipotermia, un hombre de 81 años que estuvo desaparecido varias horas
Tratamento, tras o verán
Entre as actuacións inmediatas recoméndase a retirada dos cables da iluminación festiva que están enredados nas pólas, unha poda de saneamento e corrección de cortes antigos mal executados. Non obstante, as intervencións máis específicas —como a micropoda, retirada de cravos, redondeado da copa e desinfección de cortes— levaranse a cabo tras o verán, cando as condicións meteorolóxicas sexan máis favorables.
Estas tarefas realizaranse ao abeiro dun convenio de colaboración entre o Concello de Gondomar e o Bispado de Tui-Vigo, coa finalidade de garantir unha intervención respectuosa e profesional que preserve o patrimonio natural e cultural da parroquia.
O alcalde Paco Ferreira saliena que “é unha obriga das administracións coidar do noso patrimonio natural e atender á veciñanza cando se trata de conservar símbolos tan importantes para a memoria colectiva dunha parroquia”. Ferreira conclúe que «con esta actuación, Gondomar reafirma o seu compromiso coa conservación do medio ambiente e a posta en valor do patrimonio arbóreo local».




