Cultura

Beret e DJ Sahs! cabezas de cartel das ‘Festas do Cristo’ do Porriño 2025

Serán o venres 26, e o sábado 27 de setembro

Beret e DJ Sahs! cabezas de cartel das 'Festas do Cristo' do Porriño 2025

O sevillano Beret, un dos artistas máis recoñecidos do panorama musical español actual cun estilo que mestura pop urbano, reggae, rap melódico e baladas e SASH!, o DJ e produtor máis icónico da escena dance europea dende os anos 90, encabezan o cartel musical das Festas do Cristo 2025.

O alcalde Alejandro Lorenzo adianta estas dúas citas que terán lugar o venres 26 e sábado 27 de setembro, no aparcadoiro da rúa Progreso, con entrada de balde.

Unha programación chea de eventos e actividades

Xunto a estes dous artistas serán moitos outros os que completen unha programación chea de eventos e actividades para todos os gustos e públicos que se dará a coñecer este venres, ás 13.15 horas, no Parque do Cristo, nun acto no que se desvelará o pregón e outras moitas sorpresas. “Queremos que as festas sexan un punto de encontro para todas as idades e que reflictan a diversidade e talento que temos”, sinala o alcalde.

Artistas locais e a estrea do Dabuten»Remember Festival

Beret compartirá escenario con outros artistas locais, mantendo así viva a esencia orixinal dun festival que naceu con vocación local e medrou ata converterse nunha das citas musicais de referencia en Galicia.

Pola súa parte, SASH! estreará o Dabuten! Remember Festival, no que tamén tocarán outros artistas. “Ámbolos dous festivais son un claro exemplo do compromiso do Concello para apoiar a cultura local á vez que atrae grandes nomes do panorama musical nacional e internacional, consolidándose como espazos de celebración, convivencia e proxección cultural que enche de vida o noso municipio cada setembro”, indica o alcalde.


Outras novas


O Louro Valley Festival e o Dabuten! Remember Festival serán uns dos epicentros musicais das Festas do Cristo, cunha programación que combina a música urbana, electrónica e dance, atendendo a gustos e franxas de idade diferentes

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.