A Sección Sindical da CUT en Stellantis Vigo denuncia que a recente campaña para cubrir 300 postos na planta non representa unha creación de emprego real, “senón a habitual rotación de persoal eventual”. Os responsábeis da CUT apuntan que a factoría de Stellantis Vigo, que conta con aproximadamente 6.300 traballadores/as, mantén preto dun 22% de contratos temporais, o que supón arredor de 1.400 persoas. “Na maioría dos casos, estes postos deberían ser indefinidos ao tratarse de roles estruturais para a produción”.
Dende o sindicato aseguran que “este uso abusivo da eventualidade responde a unha estratexia da empresa para evitar a conversión de contratos temporais en indefinidos, obrigando a interromper relacións laborais para non incorrer en suposto fraude de lei”. Así mesmo, engaden dende a CUT que, dende fai anos a empresa vén aplicando sucesivos Expedientes de Regulación de Emprego (ERE). “Se tomamos como referencia unicamente os derradeiros anos, concretamente dende 2021 teñen resultado, segundo os nosos datos, mais de 350 extincións anuais xa sexa por ERE, sumadas as baixas por incapacidade, rescisións e renuncias que nos derradeiros anos é moi habitual que as persoas traballadoras decidan abandonar a fabrica, algo impensable fai anos”.
Nesta liña, para a central, as condicións laborais ofrecidas por Stellantis Vigo fan que traballar na antiga Citroën deixara de ser sinónimo de estabilidade e condicións dignas, chegando a ser menos atractivo incluso ca a hostalería con horarios e salarios mais estables.
A de Vigo, unha das plantas máis rendibles do grupo…
Ao mesmo tempo, os datos do propio grupo mostran que Vigo segue sendo unha das plantas máis rendibles, incluso a máis produtiva de todos os fabricantes instalados no Estado. “Porén, a empresa atópase coa problemática de non poder atopar persoas traballadoras, por iso se evidencia un troco social importante, onde as novas persoas traballadoras reflicten a diversidade crecente da forza de traballo, con moitas persoas de distintos orixes e aproveitándose a empresa das súas necesidades”.
…pero con abandono continuado de traballadores
Aínda así, inciden dende a CUT, moitas das persoas que comezan a traballar deciden abandonar a fábrica antes de finalizar o seu contrato ante unha “situación de precariedade” caracterizada por:
- Salarios insuficientes, co salario de entrada en 2025 sendo practicamente idéntico ao de hai case 20 anos. A CUT constatou que isto inclúe soldos por debaixo do Salario Mínimo Interprofesional (SMI).
- Presións constantes para realizar a produción e un clima laboral límite.
- Problemas de saúde física e mental derivados da sobrecarga de traballo.
- Inestabilidade horaria, xornadas maratonianas e dispoñibilidade absoluta, que fan imposible a conciliación.
- Contratos parciais e unha elevada inestabilidade económica.
Tamén en vigoalminuto
- 5 consejos clave para elegir un abogado de familia
- Muere a los 88 años Manuel de la Calva, integrante del Dúo Dinámico
- A CUT denuncia que os 300 postos de traballo que oferta Stellantis son “rotación de persoal eventual”
- El Gobierno habilita vías para que los afectados por los incendios forestales, soliciten ayudas y subvenciones
- Desactivan una granada mortero de la Guerra Civil, con espoleta y carga explosiva
- Vigo acogerá, por primera vez en Galicia, el fenómeno de los paquetes perdidos
Máis vehículos, con menos plantilla e peores salarios
Así, dende a CUT lembran que o sindicato ten denunciado reiteradamente que a produtividade por persoa traballadora creceu exponencialmente entre 2004 e 2023, pasando de 50 a 73 vehículos por traballador/a, “cunha redución significativa da plantilla e de salarios nos derradeiros anos a comparación do incremento da carestía da vida”.
Este aumento de produtividade “débese a un incremento dos ritmos de traballo que é dificilmente asumible. Ademais, a sobrecarga laboral deriva en enfermidades que case nunca teñen consideración de profesionais, sendo derivadas aos servizos da Seguridade Social con cargo ás arcas públicas”.
Á vista desta situación, “a Dirección de Stellantis non pode sorprenderse de ter dificultades para atopar persoal cando, cando ten promovido unha degradación continua das condicións laborais, coa conivencia dos ‘sindicatos’ SIT; UGT e CC.OO”.
Para CUT, esta política de precariedade, marcada por salarios estancados, xornadas maratonianas, inestabilidade, dispoñibilidade absoluta, cargas de traballo inasumibles e o deterioro da saúde física e psicolóxica , non pode continuar.
“Exiximos un cambio radical: condicións económicas xustas acorde co custo da vida actual, horarios estables e coñecidos con antelación, e melloras reais que garantan a conciliación, a estabilidade e un entorno laboral saudable. A responsabilidade recae tanto na Dirección como nos sindicatos que asinaron estas condicións, cuxa falta de firmeza deixou á plantilla nunha situación límite”.