Galicia

Segue activo o lume de Chandrexa de Queixa que arrasou 19.000 hectáreas

Tamén os de Carballeda de Valdeorras e Avión

Segue activo o lume de Chandrexa de Queixa que arrasou 19.000 hectáreas

Aínda que mellorou algo a situación dos incendios en Galicia, este luns, dacordo coa información da Consellería de Medio Rural, permanecen activos tres deles: o de Chandrexa de Queixa e Vilariño, que arrasou 19.000 hectáreas; o de Carballeda de Valdeorras-Casaio que queimou 4.400 e o de Avión-Nieva, declarado o domingo á tarde e que leva afectadas 70 hectáreas de superficie. Neste último traballan 1 técnico, 6 axentes, 18 brigadas, 10 motobombas, 4 pas, 5 helicópteros e 5 avións.

Estabilizados os focos de Chandrexa de Queixa

Medio Rural dá por estabilizados os focos de Requeixo e Parafita en Chandrexa de Queixa, aíndsa que segue activo o de Vilariño de Conso, no que están efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME); 227 brigadas; 168 axentes; 119 motobombas; 34 helicópteros; 29 avións; 19 pas e 17 unidades técnicas de apoio.

Ademais, tamén na provincia de Ourense están estabilizados os lumes de Larouco, que calcinou arredor de 30.000 hectáreas; o de Oímbra e Xinzo de Limia -17.000 hectáreas- e A Mezquita -10.000 hectáreas-. Medio Rural tamén informa de que tamén están estabilizados os incendios de Carballeda de Avia e Beade -4.000 hectáreas- e o de Vilardevós, no que as lapas quieimaron 900 hectáreas.


Outras novas


Controlados

Os responsábeis da Consellería aseguran que os servizos de extinción teñen controlados os incendios de Maceda, que calcinou 3.500 hectáreas; Vilardevós-Moialde -600 hectáreas-;, Montederramo-Paredes (120 hectáreas);  Riós-fumaces e a Trepa -100 hectáreas-, e Riós-Trasestrada -40 hectáreas-.

Polo que se refire á provincia de Lugo, está controlado o incendio de Carballedo-A Cova, declarado o xoves, no que quedou desactivado o ‘nivel 2’, e que arrasou 100 hectáreas.

Pola súa parte en Pontevedra, tamén quedou desactivado o’nivel 2′ do incendioque comezara na parroquia de Santa Cristina de Cobres, en Vilaboa. O lume arrasou 70 hectáreas.

Hai que lembrar que está á disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que calquera persoa debe chamar en caso de detectar algún incendio forestal.

Te podría interesar