O Bloque Nacionalista Galego (BNG) acusa o Goberno municipal de «non mover un só papel nin ter intención de facelo» para que Vigo sexa zona tensionada do mercado da vivenda. A fronte nacionalista urxe iniciar os trámites para esta declaración —unha medida aprobada polo Pleno hai 16 meses por iniciativa do Bloque— despois da súa aprobación oficial na Coruña e os avances en Santiago de Compostela.
Xabier P. Igrexas, portavoz do BNG, interpelou este martes na Xerencia de Urbanismo á concelleira María Xosé Caride sobre cando ten previsto o Concello poñer en marcha a tramitación. A edil de Urbanismo limitouse a afirmar que están despregando un paquete de medidas, sen concretar cales, e que van constituír un observatorio para analizar a evolución do mercado de vivenda.
«Que hai que observar?»
Esta é a pregunta que se fai o concelliro nacionalista. «Cantas evidencias máis necesita o Goberno de Caballero para actuar xa fronte o brutal aumento dos prezos do alugueiro, que foi de máis de 31% nos últimos 5 anos?«, cuestionou Igrexas, tachando de «tomadura de pelo» a resposta. Aliás, o portavoz do Bloque quere saber para que encargou o Concello un estudo que xa confirmou que Vigo reúne os requisitos para ter a declaración de zona tensionada.
Reducións entre 50 e 100 euros
Dende o BNG reiteran a urxencia de poñer en marcha esta medida que, malia considerala «insuficiente para atallar o gravísimo problema de acceso social á vivenda», permitiría reducir entre 50 e 100€ o custo mensual dos alugueiros, que superan xa os 675€ mensuais de media na cidade. Igrexas reclamou cumprir así con este acordo do Pleno municipal, recollido nunha moción nacionalista aprobada en marzo de 2024.
«Son necesarias medidas e decisións xa, non pode agardar un minuto máis», demandou o portavoz municipal do Bloque, chamando o alcalde a «deixarse de anuncios e promesas e poñer en marcha medidas concretas para garantir o primeiro dereito das viguesas e vigueses que é o de poder vivir na súa cidade».
Tamén en vigoalminuto
- Toma nota: lluvia todo el fin de semana
- Detenido un fugitivo por agresión sexual que se cambió de género para intentar eludir a la Justicia
- BNG y PP piden la dimisión de la concejala de Seguridad, tras su imputación por el accidente mortal del ‘Saltamontes’
- El juez abre juicio contra la concejala de Seguridad de Vigo por el accidente mortal del “Saltamontes”
- El PP arrebata la Alcaldía de Lugo al PSOE con el voto de una tránsfuga socialista
- ¿Cómo garantizar la seguridad de datos en la investigación científica escolar?
A fronte nacionalista seguir o camiño iniciado na Coruña, que vén de lograr este martes a declaración oficial de zona tensionada do mercado da vivenda, e de Santiago de Compostela, que avanza na súa tramitación «malia os atrancos da Xunta de Galiza gobernada polo PP».






