O Porriño gardou esta tarde, ás 20:00 horas, un minuto de silencio na Praza do Concello en memoria de Teresa, traballadora do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) que foi asasinada esta mañá na parroquia de Atios, mentres realizaba o seu labor profesional.
Tamén en vigoalminuto
- Sánchez acusa a Caballero de vivir «lejos de la realidad» por negarse a reforzar la partida de vivienda en 2027
- El alcalde da por asfaltadas ya 23 calles y anuncia otras 171 para los próximos meses
- Un coche rompe una valla y cae tres metros por un desnivel en pleno centro de Gondomar
- Las familias monoparentales con dos hijos tendrán las mismas ventajas que las numerosas
- En estado grave, tras amputarse el pene y los testículos
- Diez meses de cárcel por humillar a una menor en un autobús de Vigo con insultos racistas: «parece que voy en una patera»
Os feitos ocorreron arredor das 09:00 horas, cando a muller se atopaba atendendo unha usuaria do servizo. Segundo as primeiras informacións, foi asasinada presuntamente polo marido desta.
O minuto de silencio desenvolveuse en colaboración co Concello de Mos, xa que a vítima era natural dese municipio. Ambas instucións, xunto con representantes das forzas e corpos de seguridade, da Policía Local, da Garda Civil, da Subdelegadación do Goberno e da Consellería de Política Social e Igualdade, «unímonos neste xesto conxunto de dor, solidariedade e condena, acompañando a familia, amizades e persoas achegadas nun momento de enorme impacto emocional para a comarca», sinalan dende o Goberno local do Porriño.
Numerosos veciños e veciñas e representantes institucionais partciparon no acto, no que se gardou un minuto de silencio como mostra de respecto, apoio á familia e rexeitamento rotundo ante calquera forma de violencia.

Loito oficial e suspensión das festas
O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, condenou, «con toda firmeza todo tipo de violencia, porque non ten cabida na nosa sociedade. Queremos transmitir todo o noso cariño á familia nestes momentos tan duros. O que hoxe vivimos é profundamente inxusto e doloroso. É unha perda irreparable para a súa familia e para toda a comunidade. Por iso, desde o Concello decretamos dous días de loito oficial, durante os cales as bandeiras dos edificios municipais ondearán a media asta e suspenderanse os actos de carácter festivo.”

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, estivo presente no acto e expresou a súa «máis firme condena e trasladar as nosas condolencias en nome de toda a Xunta de Galicia, de todo o Goberno galego e do presidente Alfonso Rueda á familia da vítima. Desde a Consellería de Política Social e Igualdade puxemos xa todos os mecanismos sociais e psicolóxicos a disposición da familia, así como os recursos sociais necesarios para atender á muller dependente á que a vítima coidaba, garantindo a continuidade da súa atención.”






