A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar o convenio coa Universidade de Vigo por valor de 100.000€ para fomentar a mobilidade internacional do alumnado dos campus de Pontevedra e Vigo participantes no programa Erasmus + ou beneficiarios doutras bolsas de intercambio.
Tamén en vigoalminuto
- Lluvia toda la semana
- La acampada por la vivienda ya tiene fecha para levantar sus tiendas
- La Diputación, dispuesta a negociar el Mundial con Caballero si antes sabe qué hará el Concello con los 107 millones que costará
- Herido leve un camionero de 44 años tras chocar contra la mediana en la AP-9 en Vigo
- Un extraño lenguado de la ría desconcierta a los científicos: tiene negro hasta el vientre
- Un desfile de Disney y un espectáculo de luces abrirán la Navidad de Vigo
100 bolsas de 1.000€ cada unha
O presidente da Deputación, Luis López, explico que a través do convenio de colaboración entre o organismo provincial e a Universidade de Vigo, impulsaranse ata 100 bolsas por importe de 1.000€ cada unha delas. “Uns recursos que servirán para completar as axudas de mobilidade que reciben as alumnas e alumnos dos campus da provincia da Universidade de Vigo para completar a súa formación no estranxeiro”, asegurou.
López engadiu que é vontade do goberno provincial impulsar iniciativas como esta, “para que a nosa mocidade, o piar desta provincia, sexa a mellor preparada da historia e a que teña o maior coñecemento para facer fronte aos retos do futuro”.






