A Deputación de Pontevedra organiza unha xornada de portas abertas nos castelos de Soutomaior e Sobroso para festexar o Día de Galicia. Deste xeito, o 25 de xullo será de acceso gratuíto tanto o interior de ambos recintos históricos como os seus xardíns, con entrada libre ata completar o aforo.
Soutomaior
A través desta xornada será posible coñecer de xeito gratuíto o proxecto de musealización realizado pola Deputación. No caso de Soutomaior, a visita permite aproximarse á historia do castelo e dos principais acontecementos que tiveron relación con el percorrendo as súas salas. Tanto a importancia da paisaxe, como a súa situación, as revoltas irmandiñas ou a historia de Pedro Madruga forman parte dun itinerario interactivo que conta con proxeccións audiovisuais.
Soutomaior ten abertas as súas portas ao público durante o verán todos os días de 10:00 a 21:00 horas.
Outras novas en vigoalminuto
- Lluvia toda la semana
- La acampada por la vivienda ya tiene fecha para levantar sus tiendas
- La Diputación, dispuesta a negociar el Mundial con Caballero si antes sabe qué hará el Concello con los 107 millones que costará
- Herido leve un camionero de 44 años tras chocar contra la mediana en la AP-9 en Vigo
- Un extraño lenguado de la ría desconcierta a los científicos: tiene negro hasta el vientre
- Un desfile de Disney y un espectáculo de luces abrirán la Navidad de Vigo
Sobroso
No que respecta ao castelo de Sobroso, a visita tamén permite achegarse á historia do recinto percorrendo as súas diferentes salas onde se atopan materiais interactivos e pezas audiovisuais e que culmina co acceso á terraza, dotada con paneis informativos para identificar os diferentes elementos da paisaxe que o rodea.
Sobroso, pode visitarse de luns a domingo en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas.







