Este martes, día 22, saen á venda no despacho de billetes e online as 5.000 reservas para presenciar desde a platea o concerto que Vanesa Martín ofrecerá en Castrelos o xoves 31 de xullo ás 22:00 horas.
Poderán mercarse de xeito presencial no despacho de billetes do Auditorio ao aire libre e tamén a través da web www.vigo.org. Habilitaranse dúas quendas, de 9:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas, con 2.000 reservas presenciais e 500 en liña en cada quenda.
Jason Deluro
E mañá, o mércores 23 , poderás facer a reserva para Jason Derulo, que actuará en Castrelos o domingo 3 de agosto. Cantante, compositor, bailarín ou actor, orixinario de Florida e con descendencia haitiana, actuará na cidade convertido en artista de talla mundial.
A fórmula para adquirir as 5.000 reservas será a mesma que para Vanesa Martín e o resto das actuacións do programa Vigo de Verán deste ano.
Outras novas en vigoalminuto
- La Diputación, dispuesta a negociar el Mundial con Caballero si antes sabe qué hará el Concello con los 107 millones que costará
- Herido leve un camionero de 44 años tras chocar contra la mediana en la AP-9 en Vigo
- Un extraño lenguado de la ría desconcierta a los científicos: tiene negro hasta el vientre
- Un desfile de Disney y un espectáculo de luces abrirán la Navidad de Vigo
- La Xunta acepta reunirse con el Concello por el Mundial 2030… siempre que participe el Gobierno de España
- Unha borrasca camiña cara a Galicia cun temporal de choiva, vento e ondas de ata seis metros
Ademais, aínda quedan dispoñibles entradas na web para o concerto de Rozalén a un prezo de 10€. Actuará en Castrelos o xoves 24 de xullo.






